O número
1- O número dos substantivos
A maioría dos substantivos ten flexión de número cos morfemas -s, -es, -is (ríos, túneles, papeis). Os sincréticos distínguense polo artigo (o oasis/ os oasis), igual que os rematados en -ps, -ns, -x (o bíceps/ os bíceps).
Tamén hai substantivos sen flexión que se empregan sempre ou ben en singular (o cénit, o mofo, o norte) ou ben en plural (os cartos, as cóxegas, as olleiras, os parabéns).
Observa
Habitualmente, os substantivos teñen o mesmo significado en singular e en plural (a cereixa, as cereixas); mais non sempre é así. Observa algúns valores semánticos asociados ao número dos substantivos:
Substantivos como amor teñen un significado diferente en singular e en plural (o amor=abstracto; os amores= concreto).
-Sariña, que tal andas de amores?
-O amor é algo moi complexo. Aínda non o atopei, mais non perdo a esperanza.
Miró, Picasso refírese en singular aos autores e en plural (Mirós, Picassos..) ás súas obras.
- Picasso pintaba até nas servilletas.
-Daquela, as asinadas por el tamén se consideran Picassos?
O miolo e os miolos non teñen sempre o mesmo referente.
- Prefiro o bolo de pan porque ten máis miolo cá bola.
- Sabes que ao cranio tamén se lle chama tampa dos miolos?
A formación do plural
A flexión de número nos substantivos:
Palabras simples
Singular |
Plural |
Exemplos |
rematados en -vogal, -n, ou ditongo |
Engaden –s |
Rubí, rubís |
-r,-z |
Engaden –es |
Radar, radares |
-s, agudas .................................... graves esdrúxulas
|
Engaden –es (excepto grupo consonántico)
Invariables |
Siamés,siameses, pero o luns, os luns ................... O lapis, os lapis; o mércores, os mércores OLLO! O fax, os fax (ks) |
-l monosílabos Polisílabos non agudos Polisílabos agudos |
Engaden –es
Perden o –l e engaden –is |
Sol,soles Túnel, túneles Fiel, fieis Caracol- caracois |
Outras consoantes |
Engaden -s |
Club, clubs |
Palabras compostas
Os dous elementos separados |
Plural nos dous |
Garda civil, gardas civís
|
Soldados ou con guión
|
Plural no segundo elemento |
Vagalume, vagalumes Galego-falante, galego-falantes |
Unidos por unha prep. |
Plural no primeiro elemento |
Arco da vella, arcos da vella |