Exercicios
Explicativo-especificativo
Clasifica os adxectivos do seguinte texto en explicativos e especificativos:
Romeo: Mais ¡silencio!, ¿que resplandor se abre paso a través daquela fiestra? ¡É o Oriente, e Xulieta o sol! Xurde, esplendente sol, e mata a envexosa lúa, lánguida e pálida de sentimento porque ti, a súa doncela, avantaxáchela en fermosura! ¡non a sirvas, que é envexosa! O seu tocado de vestal é enfermizo e amarelento, e se non son bufóns os que o usan. ¡Desbótao! ¡é a miña dona! ¡Oh, é o meu amor! ¡Oh, se ela soubese!...
Romeo e Xulieta, II, 2, 1594-1597.
Exercicio graos adxectivo
|
Grao
Positivo |
Grao superlativo
Absoluto
Sintético (érrimo ou ísimo) |
mísero |
|
|
ruín |
|
|
acre |
|
|
célebre |
|
|
feo |
|
|
alto |
|
|
fiel |
|
|
rico |
|
|
antigo |
|
|
vello |
|
|
sabio |
|
|
lento |
|
|
Responde:
“Moi sabio”, “superlento”, “lento lento”, etc., son superlativos sintéticos ou analíticos? .
Superlativos relativos
Xoel era o
Xoel era o
Exercicio comparativos
Igualdade: É
Superioridade: É
Inferioridade: É
Igualdade: É
Superioridade: É
Inferioridade: É
Superlativos sintéticos
Completa os seguintes superlativos:
Con –ísimo: antigo:
Con –érrimo: acre:
Superlativo sintético
Indica o superlativo sintético culto de:
Grande:
Comparativo sintético
Bo:
Frases con superlativos
Indica os superlativos
sintéticos das palabras que figuran en negriña:
Turrón de calidade alta
O nível de inglés é baixo
.
É o momento bo para dicirllo
Os resultados dos
exames son malos
A talla pequena
O camión debe ter a altura grande .
Frases con superlativos cultos
Indica os superlativos
cultos das palabras que figuran en negriña:
Son firme (acre)
Por fin, demos a
benvida ao archicoñecido, requetecoñecido, e
célebre
doutor
Frankestein.
Non me esperaba estes
pobres
Non deu nin un mísero
Exercicio
Sinala os adxectivos do seguinte texto (copia o texto nun documento, subliña ou pon en negriña os adxectivos e despois comproba a resposta):
O pan e o viño dividen en mil anacos o carácter xeográfico e humano do chan galego, non separados, senón penetrándose e dividíndose en complicadas figuras. Para nós o pan é o centeo , e o viño, o da cepa vella , de cepa torta, coma osatura dun patriarca. En Ourense inda miramos as “americanas” como un fato de damiselas neuróticas, víctimas do surmenage e necesitadas de todas as drogas para botar o viño. O centeo, cereal de inverno, pasa por tantas calamidades como o paisano que o procura. Aguanta xiadas, neves, chuvias, nace entre il, se chove moito, un lameiro de xaramagos, senradelas e gramas; cando está vizoso e alto, tremando co vento en ondas conmovidas, o paisano, sempre pesimista, di: “pasa moitas noites fora”. Recólleo con cariño especial, porque é o recurso da facenda doméstica, xa polo gran que se garda na arca tradicional coma pola palla que serve para tapar a chouza, anoar o fachico e facer o leito para a paridura da porca. O paisano tenlle máis lei ao centeo que ao millo.
Antes vivía de pan, castañas e viño. As castañas e o pan caracterizan os altos chans graníticos, abertos, de inverno duro, onde o cuco chega máis tarde, e a vida só vai ben na horta do cura ou nos abrigos do pazo. O millo simboliza a alianza atlántica. Petulante, guapo, co seu pompón dominador e a sua exaltación sexual, contrasta coa castidade e modestia do centeo. É o presente das Américas ás terras húmidas de Europa: o seu ouro parente daquil lendario asolagado nas augas de Vigo. O labrego do pan e do viño son moi diferentes; a agricultura das cepas require unha coñecencia fonda das leis atmosféricas, un enxeño e unha técnica oportunistas: ao contrario do cultivo do centeo, máis suxeito a leis invariables.
(R. Otero Pedrayo, 1947 [La Noche, 23-XII-1947])