A definición do substantivo e do adxectivo
A definición de palabras
1- Étimo (só nos dicionarios
etimolóxicos)
2- Categoría (substantivo,
adxectivo, etc.) e xénero.
3- Acepcións
4- Sinónimos
5- Locucións. Frases feitas.
Estas
tres últimas non son imprescindibles nunha definición.
Se non se indica o contrario, non
son válidas as definicións só con sinónimos nin os termos equivalentes noutras
linguas. Tampouco debe figurar a palabra a definir na definición.
Exemplo de definición de substantivo
Caldeirada ( de lat. caldaria(m) "estufa") s.f. 1. Comida cocida que se prepara con peixe, patacas e allada (caldeirada de raia). 2. Contido que cabe cunha caldeira. 3. Comida mal preparada; caldoada, caldufada, calloubada. 4. Comida cocida que se lles prepara aos animais; calda, caldada, encaldada. 5. Gran cantidade de comida. A caldeiradas, en gran cantidade ou abundancia.
A definición dos substantivos
Ex.:
· Animal (Insecto/mamífero) que vive en...;
diferénciase por...
· Planta
· Gas
· Mineral
· Material
· Especie
· Persoa
· Moble
· Ferramenta
· Etc.
Non existe unha
maneira única de facer unha definición. Eis un exemplo:
Mitoloxía: historia fabulosa dos deuses, semideuses e heroes da antigüidade
pagá.
Conxunto de mitos dun pobo ou dunha cultura determinada.
Ciencia que estuda os mitos.
Exercicio 1
Cal é o substantivo definido?
B : leito pequeno para os nenos, xeralmente de bordos altos, que se pode arrolar ou bambear. Sin. Barrelo, rolo.
G : rapaz aprendiz de mariñeiro.
Q : máquina automóbil de obras públicas preparada para retirar a neve das estradas.
P
: abertura do pantalón pola parte dianteira.
R : conxunto de reses que se crían e pastan xuntas.
Exercicio 2
Indica o hiperónimo (categoría semántica maior da palabra) dos seguintes substantivos:
Lúa: s
da terra que recibe a súa luz do sol.
Grilo: i
ortóptero de cor negra; o macho produce un son estridente por rozamento dos seus élitros.
Recuncho: s apartado, pequeno ou oculto dentro dun espazo maior; sin. curruncho, recanto, currullo.
Pescozo: parte do que une a cabeza co tronco.
Exercicio 3
Deduce o que falta nas seguintes definicións e indica cales son os susbtantivos definidos:
Doada: C : froito comestible do castiñeiro.
Dificultade media: G : tira de tea que se pon arredor do colo da camsa, facéndolle un nó por diante e diexándoa caer sobre o peito.
Difícil: É : cada unha das anteriores dos coleópteros e ortópteros, de consistencia córnea, que non son utilizadas para voar e que, no caso dos coleópteros, serven de protección ás ás propiamente ditas.
A definición dos adxectivos
A definición efectúase basicamente coma nos substantivos, con algunhas especificidades.
Hai unha serie de fórmulas que che axudarán na definición:
dise de/do/da...
calidade do /da...
relativo a...
que...
Exemplo:
Mandado: cousa encargada; sin. encargo.
Dise daquel que é obediente, que fai o que lle mandan.
Rexo: (calidade de quen) ten forza e vigor; forte, rebezo, recho, robusto.
Específico: (dise do que/ calidade do) que é propio dunha especie, dun ser ou dunha cousa e non pode aplicarse a outros.
Exercicio 1
Completa o que falta na definición:
Hipócrita: persoa finxe ou aparenta o que non é ou o que non sente.
Acugulado: resultado da a abarrotar, atacar, ateigar, atestar. de encher ou encherse totalmente un recipiente ou local; sin.
Exercicio 2
Completa e observa as pequenas diferenzas de significado dos seguintes adxectivos:
A , -á:(Dise da) que ten moitos anos. Sin. vello.
A : (Dise de) leva moito tempo nun emprego, profesión, institución, etc. Que existe desde hai moito tempo.
O , -a: Dise d que xa non se usa por non responder ás necesidades actuais, por estar desfasado ou por ser máis ben propio doutra época. Ant. actual, moderno.
V , -a: moi antigo. Vetusto, vello.
V : (Dise da) ou animal de moita idade, tendo en conta o que adoitan vivi-los seus semellantes. 2. non é recente nin novo, que é de hai tempo.