Menu Principal
O tiro de corda consiste nunha competición por equipos, cada un deles cun determinado número de xogadores/as. Os equipos se sitúan fronte con fronte e cunha liña central de por medio.
Cada participante ten asida a corda da que se tira. A un sinal do que fia de xuíz , cada equipo tira para o seu lado, tratando de que o primeiro elemento do equipo contrario traspase a liña central, momento no que gaña a tirada.
Tamén está a variedade de facer tres liñas (unha central e dúas paralelas a cada lado da central) e atar un pano no medio da corda; despois tiramos ata que o pano traspasa liña paralela do noso equipo.