Xogos Populares e Tradicionais

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

Xogos Populares e Tradicionais:
 Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.
Os xogos defínense como a actividade física ou mental que ten a finalidade de divertirse e entreterse.

  • Obxectivos:

Utilización axeitada e valoración das estratexias básicas do xogo: cooperación, oposición e cooperación/oposición.

Valoración do esforzo persoal e do colectivo nos diferentes tipos de xogos e actividades deportivas á marxe de preferencias e de prexuízos.
Aprecio do xogo e do deporte como medio de desfrute, de relación, de saúde e de ocupación do tempo de lecer.

Pretendemos potenciar, mediante unha metodoloxía activa, que o neno/a conoza o seu propio corpo, as súas posibilidades e limitacións practicando xogos e, ó mesmo tempo, coñeza unha parte importante da súa cultura participando nos xogos populares.

Licencia Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial 3.0 Unported.
Regreso al contenido | Regreso al menu principal