Menu Principal
Utilízase unha pelota e no centro dunha pista colócanse todos. O xogador do centro lanza o balón cara a arriba, nomeando algún dos xogadores que o rodean. O xogador nomeado debe recoller o balón antes de que bote no chan e os demais xogadores deberán afastarse do círculo o máis lonxe posible.
Cando o xogador nomeado recolle o balón dirá "pés quietos" e os demais xogadores non poderán moverse máis. Así parados, o xogador que ten o balón dará tres zancadas seguidas para achegarse a un xogador por el elixido (sempre será mellor ao máis próximo, aínda que pode interesar algún outro xogador...). Logo de dar as tres zancadas, o xogador lanza o balón intentado tocar o xogador elixido para poder eliminalo (pódese facer a un número de puntos determinado ao empezar o xogo). O xogo continúa ata que só queden dous xogadores.