Xogos Populares e Tradicionais

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

Avaliación

O proceso de avaliación é necesario para realizar xuízos necesarios sobre os axentes e o
proceso de ensino/aprendizaxe. Partiremos dunha avaliación inicial na que observaremos
varios aspectos do grupo-clase:

  • Coñecemento do esquema corporal.

  • Actitude de respecto cara os demais.

  • Grao de coordinación na actividade corporal.

  • Autonomía na execución de hábitos.

Daremos moita importancia a un sistema de avaliación continua que permitirá analizar
os diversos aspectos que interveñen nese proceso  (  obxectivos,  contidos,  planificación,  
actividades,  metodoloxía,  o labor do mestre / a,  o grao de aprendizaxe dos alumnos / as,  
o propio sistema de avaliación,  etc.  ).  Con isto se pretende que a avaliación non considere
tan só a consecución de obxectivos previstos,  senón que estime o grao de aprendizaxe dos
alumnos / as,  os seus avances.  Avaliaremos finalmente a unidade didáctica:

  • Se os obxectivos e o tema foron axeitados para o neno.

  • Se a unidade se desenvolveu de forma activa.

  • Cómo foi a temporalización.

  • Se o material previsto foi axeitado,  etc.


Licencia Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial 3.0 Unported.
Regreso al contenido | Regreso al menu principal