1. Vou deixar o coche no aparcadoiro, que onte houbéronmo roubar; xa tiña a fechadura un pouco forzada. Cando acabe de pagar a casa, hei de mercar unha praza de garaxe porque quero durmir tranquilo e non ter que andar con preocupacións. 2. Este mes andan a recoller os pexegos. Segundo a televisión, está para mudar o tempo e hai que darse présa.
3. Debe vivir aquí un gaiteiro. Sempre está ensaiando e deberías chamarlle a atención para que non volva a tocar a esas horas da noite.
4. A miña curmá anda para ter un neno. Non ficaba embarazada desde que se puxo a traballar na tenda, e agora volverá pedir a baixa.
5. Puido morrer no accidente e desde entón deu en beber como unha esponxa. Como non deixe de visitar tanto os bares vai acabar con cirrose.
6. Cando rompa a ferver a auga, bótalle as nabizas, que xa han estar medio cocidas noutra pota; báixaslle o lume e, cando remate de ferver, tornas a botarlle máis auga.
7. Boteime a correr detrás del, xa o estaba collendo cando escorreguei e houben caer.
8. Breixo segue sendo un lacazán; leva facendo que traballa moito tempo, porque di que non dá atopado un oficio á súa medida.
9. Ti vai andando diante, que eu xa che levo camiñado moito e estou desfeito.
10. Andas dicindo por aí moitas falsidades. Estás a xogar con pólvora e vaste queimar. Xa sei que non dás controlado, mais iso non é desculpa.
11. En negocios peores me vin eu metido e sempre saín ben librado. Teño feito algún cambio con el e sempre fiquei satisfeito.
12. Anda levado do demo porque ten que facer a declaración da renda e este ano vai pagar o dobre do pasado.
13. Han ser uns vinte. A Uxía tamén quería vir mais non pode porque aínda non acabou de arranxar a horta.
14. Xa vai dito case todo o que tiña preparado. Así que non me vou pór a comezar novos capítulos.
15. Principiou a chover e non deixou de caer auga ata á noite. Debían ser as sete e aínda estaba a decembrar.
16. Houbo aprobar o exame de conducir, só lle faltaron catro preguntas: agora terá que voltar a pagar a matrícula.
17. Chegaron cantando e moi ledos, logo deron en bailar e seguiron cantando ata á alba.
18. Eu podo conseguir o que queira do Marcial, levo abusando del moito tempo e penso seguir igual.
19. Deches entendido ese texto? Eu non, e iso que o levo estudado abondo.
20. Xa lle teño dito moitas veces que hai que andar con ollo, que hai tempo que deixou de estar nos biosbardos.
21. Deben ser as sete e xa han estar no estadio.
22. Coido que es o mellor aínda que sexas castigado a diario.
23. O camiño foi percorrido en menos de tres horas. |