1.-Indicar, nas seguintes formas verbais
a) persoa, tempo, modo
b) lexema e morfemas
- marcharei
- temo
- marchasen
- cantabas
- cantariamos
- produzan
- comerdes
- conduciu
- falaren
- comestes
- rexeitara
- falades
- bebésedes
- distribúes
- pediría
- amei
- mida
- temes
- partía
- pido
- pararades
|
2.-
Indicar en que casos é aberta e en que casos é pechada a vogal tónica
3.-
Indicar o valor dos tempos verbais nas seguintes frases
- Poderiades emprestarme o chisqueiro?

- Faredes o que vos digan.

- Cando tiver tempo, irei a Rio de Janeiro.

- Nese ano Priciliano é decapitado en Tréveris.

- Había unha vez unha ra moi fea que...

- Xa marchaches! Fóra de aquí!

- Podías deixarme o teu dicionario de galego?

- Cando me falou, xa o recoñecera eu.

- Para que asubiase, tiven que darlle medio euro.

- Terás uns céntimos para min?

- Que a sorte te acompañe, meu vello!

- Hoxe vai unha calor que se asan os lagartos.

- A este paso, cando chegues, xa el marchou.

- O horizonte é infinito.

- Serán as dez e cuarto.

- O que eu querería saber é por qué te pos así.

- Se tivese un bo veleiro, daba a volta ao mundo.

- Saio da oficina ás tres.

- No entroido comen filloas e torradas.

- Cando for grande, estudarei para médico.

- Aínda que neve, irei aos Ancares.

- Onte habería unhas duascentas persoas no teatro.

- Este ano cambiaremos de coche.

- Pensou que así gañaría máis.

- O que eu quería saber é se che gustaron os doces.

- Deixade estar as cousas no seu sitio!

- Este verán vou a Lisboa mellorar o meu portugués.

- Daquela ti eras un rapazolo.

- Seica sacou moi boas notas. Sacaría...!

- Non me fales berrando así.

- Vendeu as patacas recollidas a un euro o quilo.

- Recollidas as patacas, vendeunas a un euro o quilo.

- En chegando, pon a cafeteira ao lume.

- Sempre gañaba facendo trampas.

- Podería deixarme pasar?

- Que teñas sorte!

- Había unha vez un rei que tiña tres fillas.

- No século VIII os árabes invaden a Península.

- Cando lle dixeches que ías á praia?

- Se non apuras, cando entres na estación, xa saíu o tren.

- No colexio cómese ás doce.

- Despois de pagarmos os impostos á Facenda, teremos uns dous mil euros.

- Por que lle contaches que iamos ao cine?

- Quizais che regale algo cando cobre o salario.

- En saíndo, chámao desde a cabina.

|
4.-
Poñer estas frases en presente
- As túas declaracións non contribuíron a aclarar o crime.

- Permanecín todo o ano atento ás evolucións da bolsa.

- Este ano distribuín eu os regalos entre os cativos.

- Non coñecín os teus amigos alemáns.

- Reproducín algúns cadros dese pintor tan nomeado.

- Moito temestes a miña reacción.

- Esta semana concluíron as obras do garaxe.

- Conducín con moito tino por mor da neve.

- Todas as noites metestes as ovellas na corte.

- Os paxaros coméronme case todo o millo da veiga.

- Ese lobo non trabou a ninguén.

- Segundo as premisas, deduciu a conclusión.

- Cando o collín coa man, escaldoume.

- Colliches o coitelo e cortaches o touciño.

- Posuíron as mellores motos do barrio.

- Amontoei os libros sen os colocar.

- Cambiaron o armario de cuarto.

- Afiaron as fouces antes de comezaren a seitura.

- Obedecín todas as túas ordes.

- Non os destituíron polos nosos asuntos.

|
5.-
Poñer en pasado as seguintes frases
- Iso produce uns efectos nefastos.

- Seica comes demasiado caldo.

- Andas un pouco acatarrado estes días.

- Estes coches non reducen ben nas baixadas.

- Andades algo desviados, fóra do asunto.

- Introducimos unha nova variante?

- Canto me río cos teus contos!

- Xamais leo os libros que escribes.

- Perdoa, mais non che creo esas historias.

- Sempre pedides cousas imposíbeis.

|
6.- Poñer as frases seguintes en presente
- A avoa sentiu moito as túas desgrazas.

- A literatura galega rexurdiu no século XIX.

- Eses pillabáns mentíronche descaradamente.

- Buliches moito facendo os exercicios.

- Feriron as perdices, mais non as colleron.

- Axiña subiches as escadas ata o 3º andar.

- Os cans fuxiron co rabo entre as pernas.

- Agora servíchesme con moito agarimo.

- Acudiron alí como as moscas ao mel.

- Advertíronme das dificultades do proxecto.

- Durmín moi a gusto escoitando caer a choiva.

- Xa sei que tusiches para demostrar o teu desgusto.

- Seguiches a cantar as mesmas cantigas.

- Encubriron moi ben os feitos.

- Mediu mal as distancias.

- Os veciños non consentiron tales cousas.

- A Amantia luciu un precioso pano bordado.

- Nada conseguiron con eses argumentos.

- Moito lle fundiu no traballo.

- Perseguiches os mesmos obxectivos ca min.

|
7.-Transformar as frases encabezándoas polo adverbio quizaisor exemplo, marcharei hoxe: quizais marche xe
- Concluirei os traballos preparatorios.

- Convencerémolos de contado.

- Traduciremos algúns textos do italiano.

- Nomearemos os máis capacitados para este posto.

- Con tanto ruído na rúa tolearedes.

- Amontoarán todo, coma sempre, no cuarto.

- Roerá todo o queixo.

- Moeredes o millo xa co novo muíño.

- No xantar de mañá riremos coas túas historias.

- Eles crerán todas as túas afirmacións.

- Sairán antes os vermellos.

- Cambiarei viño por aceite na Feira Franca de Pontevedra.

- Afiarei o coitelo para sangrar os porcos na matanza.

- Substituirannos por outras mellores.

- Diluiremos todos os compostos.

- Durmirei como un rei esta noite.

- Servirémosvos con todo o luxo posíbel.

- Caberá todo o viño dentro da pipa.

- Dirás unhas palabras de recibimento.

- Afarédesvos moi ben nesa vila tan agradábel.

- Mañá traerei o libro das normas de circulación.

- Teremos moito traballo atrasado polas vacacións.

- Serás a actriz máis coñecida de Galiza.

- Porei os grelos a ferver polas doce.

- Virán todos os compañeiros á festa.

- Alí poderá facer o que lle pete.

- Entón valerán moito máis do que hoxe.

- Non saberei o que facer contigo nun lugar descoñecido.

- A Noite Vella veremos a televisión ata as catro da mañá.

- Extraeredes algunhas conclusións do noso traballo.

- Queremos todos o mesmo asento no autobús.

- Haberá frautas para todos os gustos.

- O resultado equivalerá á suma do gastado.

- Penso que os deterán na alfándega.

- Á tarde oiremos os resultados pola radio.

- Iremos a Cuba este Nadal.

- Farei todo o que ti esqueciches.

- Estarante agardando na porta de Balaídos.

- Darame unha boa nota neste exame.

- Ao vérennos fuxirán a toda a présa.

- Mentirá un pouco, segundo o seu costume.

- Non caberemos todos en Pasarón.

- Saberán polo xornal todo o que aconteceu co Deportivo.

- Non che quererá ninguén ese produto.

|
8.-
Cambiar as frases para a persoa indicada
- Non damos rematado a tarefa a tempo. (el...)

- Facemos demasiadas cousas a un tempo. (ti...)

- Non cabemos dentro dos seus esquemas organizativos. (eu...)

- Sempre facedes as mesmas falcatruadas. (el...)

- Estamos cansos de te aturar, meu vello! (eu...)

- Dicimos sempre o que pensamos. (el...)

- Non somos quen de resistirmos os seus ataques. (ti...)

- Non sabes qué facer con tantos cartos. (eu...)

- Sodes do máis esperto. (eu...)

- Non valen para afrontaren estas responsabilidades. (eu...)

- Valedes máis do que pensades. (el...)

- Traemos os repostos para a máquina. (eu...)

- Con estes anteollos vemos de marabilla. (eu...)

- Traedes todo o pedido? (ti...)

- Imos ver como anda o tempo. (el...)

- Viñemos con este novo grupo pop. (eu...)

- Vimos un espectáculo de maxia singular. (eu...)

- Destes moito que falar aquel verán. (eu...)

- Demos en chorar como nunca se vira. (el...)

- Viñeron con moita présa. (el...)

|
9.-
Cambiar os copretéritos para pretéritos
- Eu non podía con aquel saco de cemento.

- Cando ela quería, puña unha cara de defunto estarrecedora.

- Daquela nunca diciades unha verdade.

- Segundo ti, eu era o que mellores notas levaba.

- Como non lle cabía todo na botella, bebeu o sobrante.

- Como non podiades conseguilo, non vos interesaba.

- Como iamos de vagar, non nos molestaba a xeada.

- Cando a situación se recompuña, houbo unha nova crise mundial.

- Cando me contradicían, saltábanme os nervios.

- Non sabía eu o que pasaría de alí en diante.

- Ías ao traballo cando te avisei da folga.

- Mentres traïamos os tixolos, eles ían facendo a masa.

- Viña eu tan despistado, que batín de fociños cun semáforo.

- En 1963 Alba tiña unha casiña na Lanzada.

- Como non conviñamos nada, disolveuse a xuntanza.

|
10.- Cambiar os futuros para presente de indicativo
- Logo virei polos resultados.

- Non caberá todo dentro da caixa.

- Xa dará o Paio o sinal acordado.

- Dirano todo, sen ocultaren nada.

- Farás unha ponte para acurtar o camiño.

- Estes farán sempre as cousas ao revés.

- Non terei máis remedio que esquecelo.

- Saberán moito, mais non o demostran.

- Irei en avión que é moito máis rápido.

- Proporemos que renuncie a directiva actual.
|
11.- Cambiar para pasado as seguintes frases (pondo atención na concordancia) dos verbos)
- Pídolle que feche os ollos e abra a boca.

- Di que estivo onte contigo.

- Afirman que se portou mal.

- Cando o vexo, preséntolle os meus saúdos.

- Teño medo de que non apareza por aquí.

- Pensa que sacou uns bos rendementos.

- É tan iluso que cre que pintou un excelente cadro.

- Esta mañá non parece que o queira coma sempre.

- Achégase a el para avisar que o taxi chegou.

- Comunican que fuches premiada.

- Coñezo poucos escritores que escriban tan ben coma ela.

- Asegura que te viu onte no río.

- Non che creo nada do que dis.

- Nunca penso que sexas ti.

- Aínda que ande rápido, non chegará a tempo.

- Exhorta os soldados para que continúen a loita.

- Non espera a que chegues.

- Di que te levou onte no coche.

- Vén para dicir que xa comezou o filme.

- Coida que aprobou o exame de conducir.

- Pídoche por favor que veñas aquí.

- Como se alegra de que lle veñan os pais de Venezuela!
|
12.-
Poñer o verbo que vai entre parénteses en presente de indicativo
- O que nós (DICIR)... vai á misa.

- (ESTAR)... agardando a que me poñas a inxección e comezo a cansarme.

- Xa que non (FACER)... falta aquí, voume.

- Cando ti me (VIR)... ver, algo raro acontece.

- Como (VER)..., xa cho teño todo en orde.

- (IR)... todo recto e despois colledes á esquerda.

- Eu (PÓR)... do bolso a metade do orzamento da sociedade.

- Cando el (PÓR)... cara de ferreiro, hai que liscar.

- Se ti (PÓR)... outro tanto, acepto.

- Iso non (SER)... conveniente para vostede.

- (TER)... que decidirte dunha vez.

- Martiño (TER)... un xenio condenado.

- Nós (TER)... os mellores exemplares porcinos da zona.

- Sempre (SER)... os mesmos os que trepades a herba do xardín.

- Eles (TER)...moito que contar das súas viaxes.

- Pero non (VER)... que vos estades a pasar co rapaz?

- Os pais sempre (VER)... as cousas desde outra perspectiva.

- Cando (VIR)... o teu curmán que está en Irlanda?

- Vós (VIR)... algo cedo de máis.

- Non (FACER)... falta que te poñas tan serio.

|