- Sen dúbida caerá auga a mares e, ao mellor, nin poderemos ir ao traballo.

- De camiño que limpas os cadros, podes endereitalos, que torcen abondo.

- Esa lámpada manda ben pouca luz; ás veces, á tardiña xa parece que é noite pecha.

- Seica te divertiches moito onte, case era día e aínda non querías ir para a cama.

- Agora vive lonxe e nunca chega cedo á oficina, mais despois, co de présa que se move, recupera o perdido.

- Como as queres? –Quéroas moi crúas.

- Vai de vagar, que Melide está preto e, se corres demasiado, quizais non chegues nunca.

- Antonte contaba o avó como antano nos fiadeiros sempre había un pillabán que mataba a luz do candil para andar ás apalpadelas.

- Tamén mo dixo a min de contado. Era entre lusco e fusco e eu estaba alí na solaina sentado á sombra.

- Non teño gato e tampouco uso raticidas. Aquí nesta casa, os ratos píllanse ás carreiras, logo fáiselles un xuízo xusto e cúmprese a sentencia.

- Fuches antes alí? –Fun, abofé que me lembro ben!

- Saíndo á esquerda, á beira da parede é onde deixan decote o lixo.

- O profesor puxo ceros a eito, fíxoo de mantenta e a tergo porque a avaliación xa está aí.

- U-las cereixas? Están aí fóra, non as deixei dentro porque ía moita calor; xa que acabaches, adiante, vailles tirando o rabo que eu estou canso e teño que marchar axiña.

- Para onde vas? –Vou para ningures, sabichón!

|