- Bótame unha man, non ves que veño moi cargado.
- Ti non es moi rápido, tes que practicar máis.
- Iso é difícil de conseguir, hai que o ter moi en conta.
- Onte vin a carreira de coches, que para iso vin a esta cidade.
- Dille que veña por aquí aínda que sexa tarde.
- Cando o vexas dille que teña moito coidado, porque está todo acabado de pintar.
- Daquela viña todos os días á miña casa e contábame uns contos que tiñan moita graza.
- Aínda que o vise/vexa diante, non o recoñecería, a non ser que veña/viñese contigo.
- Se non o vise con estes ollos, non o crería, por moi certo que fose.
- Cando cheguei, xa el viñera aquí dúas veces e antes tivera que pasar pola túa casa.
- Xa virei cando poida, hoxe teño moito que facer.
- Onte non tiven sorte, outra vez será.
- Esta mañá viñemos escoitar a banda todos nós e tamén vimos a sesión de foguetes.
- Vide/vinde aquí, rapaces! Sede valentes!
- Encina e mais Carme viñeron á praza mercar verduras e viron a Helena.