- As túas declaracións non contribúen a aclarar o crime.
- Permanezo todo o ano atento ás evolucións da bolsa.
- Este ano distribúo eu os regalos entre os cativos.
- Non coñezo os teus amigos alemáns.
- Reproduzo algúns cadros dese pintor tan nomeado.
- Moito temedes a miña reacción.
- Esta semana conclúen as obras do garaxe.
- Conduzo con moito tino por mor da neve.
- Todas as noites metedes as ovellas na corte.
- Os paxaros cómenme case todo o millo da veiga.
- Ese lobo non traba a ninguén.
- Segundo as premisas, deduce a conclusión.
- Cando o collo coa man, escáldame.
- Colles o coitelo e cortas o touciño.
- Posúen as mellores motos do barrio.
- Amontoo os libros sen os colocar.
- Cambian o armario de cuarto.
- Afían as fouces antes de comezaren a seitura.
- Obedezo todas as túas ordes.
- Non os destitúen polos nosos asuntos.