- Eu non puiden con aquel saco de cemento.
- Cando ela quixo, puxo unha cara de defunto estarrecedora.
- Daquela nunca dixestes unha verdade.
- Segundo ti, eu fun o que mellores notas levou/levei.
- Como non lle coubo todo na botella, bebeu o sobrante.
- Como non puidestes conseguilo, non vos interesou.
- Como fomos de vagar, non nos molestou a xeada.
- Cando a situación se recompuxo, houbo unha nova crise mundial.
- Cando me contradixeron, saltáronme os nervios.
- Non souben eu o que pasou de alí en diante.
- Fuches ao traballo cando te avisei da folga.
- Mentres trouxemos os tixolos, eles foron facendo a masa.
- Vin eu tan despistado, que batín de fociños cun semáforo.
- En 1963 Alba tivo unha casiña na Lanzada.
- Como non conviñemos nada, disolveuse a xuntanza.