- O que nós dicimos vai á misa.
- Estou agardando a que me poñas a inxección e comezo a cansarme.
- Xa que non fago falta aquí, voume.
- Cando ti me vés ver, algo raro acontece.
- Como ves, xa cho teño todo en orde.
- Ides todo recto e despois colledes á esquerda.
- Eu poño do bolso a metade do orzamento da sociedade.
- Cando el pon cara de ferreiro, hai que liscar.
- Se ti pos outro tanto, acepto.
- Iso non é conveniente para vostede.
- Tes que decidirte dunha vez.
- Martiño ten un xenio condenado.
- Nós temos os mellores exemplares porcinos da zona.
- Sempre sodes os mesmos os que trepades a herba do xardín.
- Eles teñen moito que contar das súas viaxes.
- Pero non vedes que vos estades a pasar co rapaz?
- Os pais sempre ven as cousas desde outra perspectiva.
- Cando vén o teu curmán que está en Irlanda?
- Vós vides/vindes algo cedo de máis.
- Non fai falta que te poñas tan serio.