CLASIFICACIÓN SEGUNDO O ELEMENTO VIBRANTE
Nos electrófonos o son prodúcese pola transformación de impulsos eléctricos. Todos estes instrumentos necesitan un amplificador e altafalantes para amplificar o son e que éste se poida oir. Entre os instrumentos máis destacados temos o sintetizador, o baixo eléctrico e a guitarra eléctrica.