AXUDA
No deseño desta web primou a navegación sinxela e intuitiva fronte a unha presentación moi elaborada e a veces carente de contido. A navegación realizase sempre nunha única ventana web, a excepción do enlace denominado "Información" presentado o pé de cada imaxe que se abre nunha nova ventá onde se presenta a imaxe ou imaxes referentes ao instrumento musical en cuestión, e unha breve descrición e información del.
Tanto o menú principal como os submenús que establecen os diferentes enlaces desta web aparecen sempre visibles durante a consulta de toda a información para facilitar a navegación e permitir acceder a diferentes enlaces dunha forma rápida e sinxela. O retroceso ou volta a páxina anterior ou de inicio farase sempre partindo do enlace no menú correspondente.
A galeria de imaxes presentada nesta web está formada por aprox. 160 imaxes, presentadas en tres formatos diferentes e clasificadas alfabeticamente e segundo o elemento vibrante. As imaxes en formato pequeno (dimensións 128 x 85 pixeles) permiten unha rapida visualización da imaxe presentada e proporciona un enlace á mesma imaxe pero nun formato maior (dimensiós 2048 x 1360 pixeles). Asi mesmo e mediante o enlace que aparece no pé de cada imaxe e que leva por nome "Información" presentanos a mesma, e nalgúns casos outras imaxes, do mesmo instrumento con un formato intermedio (dimensións 350 x 232 pixeles). Tamén se inclúe unha pequena información relativa ao instrumento en cuestión mediante este enlace.