CLASIFICACIÓN SEGUNDO O ELEMENTO VIBRANTE
Os aerófonos son aqueles instrumentos que emiten un son mediante a vibración dunha columna de aire. Clasifícanse en:
- Vento madeira
- Con embocadura de bisel: nestes instrumentos o aire é dividido en dous por un borde chamado bisel. Éste pode estar na propia embocadura como no caso da frauta traveseira e no frautín ou dentro do propio instrumento coma nas frautas de pico.
- De ling�eta: o son prodúcese pola vibración dunha lámina fina de cana que se chama ling�eta. A cana pode ser simple ou dobre segundo vibre unha ou dúas canas respectivamente.
- De ling�eta simple: presente en instrumentos coma o saxofón e o clarinete.
- De ling�eta dobre: presente en instrumentos coma o oboe e o fagot.
- De ling�eta mixta: hai instrumentos que están formados por ling�etas simples e dobre á vez. Como exemplo temos a gaita.
- Vento mecánico: o son nestes aerófonos prodúcese pola vibración do aire impulsado de forma mecánica. Existen dúas formas de producilo: a) Facendo vibrar a columna de aire dentro dos tubos, caso do órgano; b) Facendo vibrar as ling�etas, coma no acordeón.
- Vento metal: o son prodúcese pola vibración dos beizos do instrumentista. Te�en unha embocadura ou boquilla metálica, oca e en forma de funil.