ACCESIBILIDADE
A accesibilidade consiste no acceso á información sin limitación algunha por razón de deficiencia, discapacidade ou minusvalía.
Na realización deste sitio web intentamos diseñar un sitio web accesible para o maior número de usuarios. Para esto basámonos na aplicación e o cumprimento das Pautas de Accesibilidade establecidas polo Grupo de traballo WAI pertencente á W3C. Sen embargo, se atopan algún problema de visualización ou navegación non duden en comunicalo a través da seguinte dirección de correo electrónico: jmar@edu.xunta.es ou mariagpz@edu.xunta.es.
Para facilitar a navegación dos visitantes, todas as páxinas dispoñen dunha cabeceira onde aparece o menú principal e un submenú para as dúas clasificacións dos instrumentos; un corpus principal onde se amosan os contidos da páxina e un menú inferior para aqueles navegadores que non soporten a implementación de táboas. Asi mesmo, os menús permanecen sempre visibles para facilitar un acceso a información rápido e sinxelo.
Habilitáronse teclas de acceso rápido que facilitan a navegación.
Os enlaces conteñen unha descrición mediante o atributo "title". Todas as imaxes conteñen unha breve descrición mediante o atributo "alt".
Este sitio web emprega capas e follas de estilo en cascada (CSS) para o formateo visual da información. Separouse o contido da presentación para asegurar tanto o acceso como a corecta visualización da información baixo distintos entornos. Comprobamos a correcta visualización nos seguintes navegadores: Mozilla, Netscape Navigator, Galeon, Intenet Explorer e o navegador modo texto Lynx.