El legado de San Fiz de Azar
O REA "El legado de San Fiz de Azar" fai un percorrido polos sentidos numérico, estocástico e socioafectivo que corresponden ao curso de 3º da ESO.
O fío condutor é a organización dunha romaría galega. A través dos preparativos da romaría, o alumnado traballa conceptos de azar e probabilidade. O alumnado formará parte da comisión de festas e terán que aplicar os seus coñecementos en azar e probabilidade para deseñar distintas actividades que sexan xustas e rendibles para a organización.
O REA ten cinco fases ben diferenciadas:
- Descrición: "Tomando el testigo"
- Exploración: "El legado"
- Conexión: "La romería se complica"
- Reto final: "La última pieza"
- Conclusión: "¿Jugamos?"
Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar (deseñar e crear un xogo e as regras do xogo), a elaboración do informe sobre o xogo e tamén onde se crean os grupos de traballo. Esta fase é motivacional e integradora e está moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.
Na fase 2 repásanse os principais coñecementos abordados no curso anterior sobre experimentos, sucesos e probabilidade.
Na fase 3 introdúcense novos contidos como as operacións con sucesos, a regra de Laplace e os experimentos compostos. Estes contidos preséntanse con actividades de maior ou menor complexidade, para resolver de xeito individual e grupal.
Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido no deseño dun xogo xusto, as súas regras de xogo e un informe coa explicación do proceso de creación.
Na fase 5 ponse en valor o aprendido mediante a exposición dos xogos con toda a clase. Preséntanse os informes elaborados en grupo, favorecendo a comunicación oral, o pensamento crítico e a reflexión colectiva sobre o proceso seguido. Esta fase permite compartir coñecementos, valorar o traballo propio e alleo, e consolidar as aprendizaxes nun contexto significativo.
O substrato do REA
A idea do REA é traballar a competencia matemática proporcionando ao alumnado situacións reais e variadas, nun contexto próximo, no que o azar e a probabilidade aparezan como instrumentos útiles e potentes para modelar, analizar e tomar decisións sobre a realidade.
A intención das persoas elaboradoras do REA é a de visualizar a conexión entre as matemáticas e a realidade, fomentar a creatividade, o análise crítico e o traballo en equipo. A través do deseño do xogo, o alumnado aplica os contidos matemáticos e reflexiona sobre a xustiza ds xogos e a súa viabilidade económica.
A dificultade do reto final (planificación e deseño dun xogo e as súas regras) vai depender da complexidade da xogo que escollan. Polo tanto é moi importante que a persoa docente faga as orientacións oportunas para que cada equipo teña un reto acorde ao seu nivel.