Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos oito que cobren, integramente, o currículo da materia de Matemáticas de 3º de ESO.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 1 do 14/05/2025).

Os 13 temas deste modelo foron redistribuídos segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: ℝacionaliza tu monte

UD1: Números racionais.

UD2: Potencias e raíces.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.2, CA1.6

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

3 %

11 sesións T1

11 sesións T1

1 sesión T1

REA 2: ¡Math & Rock!

UD3: Proporcionalidade.

UD4: Sucesións.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA1.6

CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA4.3, CA4.4

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

8 %

2 %

11 sesións T1

11 sesións T1

1 sesión T1

REA 3: ¡Fluye!

UD5: Expresións alxébricas. Polinomios e produtos notables.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA4.4, CA4.6, CA4.7, CA4.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

8 %

2 %

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 4: Llevando a Galicia hasta el ∞ y + allá

UD6: Ecuacións e sistemas.

UD7: Funcións e gráficas. Funcións lineais e cadráticas.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.6

CA4.5, CA4.6, CA4.7

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

8 %

8 %

4 %

11 sesións T2

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 5: Llegar a 100... ¡Malo será!

UD8: Táboas, parámetros e gráficos estatísticos.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 6: El legado de San Fiz de Azar

UD9: Azar e probabilidade.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.4, CA5.1, CA5.3, CA5.5, CA5.7, CA5.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T3

1 sesión T3

REA 7: Taller ArTeMática

UD11: Movementos no plano.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA3.1, CA3.4, CA3.5, CA3.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

2 %

11 sesións T3

1 sesión T3

REA 8: GeoSoluciones SL

UD10: Problemas métricos no plano.

UD12: Corpos xeométricos.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA3.3, CA3.5

CA2.1, CA2.3, CA2.4, CA3.2, CA3.4, CA3.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

3 %

11 sesións T3

11 sesións T3

1 sesión T3

Todos os REAS

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

20 %

(Reparto proposto de % por REA)

Todos os trimestres

8 sesións

(Reparto proposto de sesións por REA)

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Matemáticas para 3º de ESO baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas, dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe, e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Ademais, este REA promove activamente a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), conectando o traballo na aula co mundo real e coas grandes transformacións globais. En concreto, contribúe a acadar os seguintes ODS:

  • ODS 4: Educación de calidade, ao promover unha aprendizaxe significativa baseada en contextos próximos ao alumnado, como as festas populares locais. Favorécese a participación activa, o desenvolvemento do pensamento crítico e a capacidade para analizar situacións de incerteza, garantindo a equidade no acceso ao coñecemento nunha contorna inclusiva.
  • ODS 10: Redución das desigualdades, ao traballar coa probabilidade como unha ferramenta para analizar situacións de xustiza e equidade, en concreto coa organización de xogos, sorteos ou toma de decisións que afectan a un colectivo. Deste xeito, o alumnado reflexiona sobre a importancia de que as regras sexan claras e xustas para todas as persoas.
  • ODS 12: Produción e consumo responsables, ao fomentar a toma de decisións fundamentadas a partires da análise de datos, probabilidades e posibles resultados. Todo isto contribúe a desenvolver unha actitude crítica ante situacións reais nas que é preciso valorar diferentes opcións e as súas posibles consecuencias.
  • ODS 17: Alianzas para acadar os obxectivos, ao fomentar o traballo en equipo, a toma de decisións compartida e a comunicación e o liderado distribuído, simulando o funcionamento dunha comisión de festas na que se distribúen responsabilidades e se busca un obxectivo común.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de Matemáticas de 3º da ESO (curso 25-26), contextualízase nas unidades didácticas 9. "Azar e probabilidade" e 13. "Matemáticas para a vida en sociedade".

A proposta é traballalo no terceiro trimestre.

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contidos 1. "Sentido numérico", 5. "Sentido estocástico" e 6. "Sentido socioafectivo".

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Cálculo.
    • C1.1.1 - Aplicación de estratexias variadas para facer recontos sistemáticos en situacións da vida cotiá. Introdución á combinatoria.

Bloque 1

Sentido numérico

  • C5.2 - Incerteza.
    • C5.2.1 - Identificación de fenómenos deterministas e aleatorios. Espazo mostral e sucesos.
    • C5.2.2 - Interpretación da probabilidade como medida asociada á incerteza de experimentos aleatorios.
    • C5.2.3 - Asignación de probabilidades mediante a regra de Laplace.
    • C5.2.4 - Estudo das propiedades básicas da probabilidade e resolución de problemas contextualizados.
    • C5.2.5 - Planificación e realización de experiencias sinxelas para analizar o comportamento de fenómenos aleatorios.
    • C5.2.6 - Asignación de probabilidades a partir dos resultados dun experimento aleatorio. Frecuencia relativa e probabilidade.
    • C5.2.7 - Papel do cálculo de probabilidades en distintos avances científicos e sociais.

Bloque 5

Sentido estocástico

  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
    • C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
  • C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
    • C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
    • C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
  • C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
    • C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
    • C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.

Bloque 6

Sentido socioafectivo

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 3 Formular e comprobar conxecturas sinxelas ou expor problemas de forma autónoma, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación para xerar novos coñecementos.
OBX 4 Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas, aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións.
OBX 6 Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas.
OBX 8 Comunicar de forma individual e colectiva conceptos, procedementos e argumentos matemáticos usando unha linguaxe oral, escrita ou gráfica e utilizando a terminoloxía matemática apropiada, para lles dar significado e coherencia ás ideas matemáticas.
OBX 9 Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 10 Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables.

A continuación, inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP1, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)