Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está pensada para desenvolver en 12 sesións, ao inicio do terceiro trimestre.

Engloba os aspectos curriculares da unidade didáctica "Azar e probabilidade" (11 sesións), e da unidade didáctica transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).

A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

Descrición da situación de aprendizaxe:

1. Tomando el testigo

1.1. Asume el mando

Sesión de introdución e motivación sobre o reto: crear un xogo para a sobremesa da romaría.

Exponse a estrutura do reto por equipos, os pasos a seguir e os obxectivos finais.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual.

1 sesión

Exploración (coñecementos previos):

2. El legado

2.1. Elección de puestos

2.2. Las lecciones del tesorero

2.3. El primero de los premios

Sesións iniciais para conectar cos coñecementos de situacións básicas de azar traballadas en Educación Primaria e o emprego de linguaxe intuitiva sobre probabilidade.

Preséntanse varios sorteos como introdución a experimentos aleatorios sinxelos, os tipos de sucesos e cálculo de probabilidades. Como exemplos destacan a elección de postos da romaría, a realización de unha tómbola ou o sorteo de unha cesta de produtos da horta.

Inclúese unha actividade grupal ("El negocio de la tómbola") e unha multinivel ("El sorteo de los productos de la huerta").

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual.

2 sesións

3. Conexión:

La romería se complica

3. La romería se complica

3.1. Coincidencias en la romería

3.2. Cuestión de gustos... y edades

Sesión na que se presentan as primeiras tarefas na organización da romaría: planificar o día do traxe galego e a actuación musical principal.

Contidos e actividades referidos a operacións con sucesos e táboas de continxencia.

1 sesión

3. Conexión:

La romería se complica

3.3. Quitando telarañas

Sesión na que se traballa co achado dun xogo tradicional na romaría: as tabas.

Contidos e actividades referidos ao emprego da regra de Laplace e á probabilidade frecuencial.

Inclúese unha actividade multinivel ("El taller de las tabas").

1 sesión

3. Conexión:

La romería se complica

3.4. Saltos con premio

Sesión nas que se presenta un novo xogo tradicional para a romaría: o xogo da ra.

Contidos e actividades referidos a:

  • Propiedades da probabilidade e de distintos sucesos.
  • Sucesos compatibles e incompatibles.

Inclúese unha actividade grupal ("¿Aprobamos el premio o no?").

1 sesión

3. Conexión:

La romería se complica

3.5. Si no hay comida, no hay fiesta

3.6. Yo juego seguro, ¿pero cuándo?

Sesión na que se traballa na preparación da comida popular e na organización dos torneos de xogos populares.

Contidos e actividades referidos a:

  • Experimentos aleatorios compostos.
  • Regra do produto.
  • Diagrama de árbore.

1 sesión

3. Conexión:

La romería se complica

3.7. Pistoletazo de salida

Sesión nas que se planifica tanto a realización dunha carreira popular coma o pregón da festa.

Contidos e actividades referidos a introdución á combinatoria e técnicas de reconto:

  • Regra do produto.
  • Permutacións.
  • Variacións.
  • Combinacións.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal, reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final.

1 sesión

Reto final:

4. La última pieza

4. La última pieza

4.1. Testeando

O alumnado aplica o recordado e aprendido ata agora para a resolución do reto proposto na fase 1: construción de un xogo para amenizar a sobremesa da comida popular.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual.

3 sesións

Conclusión e avaliación:

5. ¿Jugamos?

 

5. ¿Jugamos?

Sesión vinculada á presentación do xogo realizado e á explicación do proceso levado a cabo por cada un dos grupos da aula.

Auto-reflexión, individual e en equipo, sobre a utilidade do aprendido e avaliación do reto final. A duración pode variar dependendo do número de equipos e do tempo que se dea a cada un deles.

Última reflexión no diario de aprendizaxe sobre o traballo desenvolvido durante todo o REA.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)