Sobre este REA
O presente REA recolle os contidos das unidades 10 e 11 da proposta de programación de Proens para a materia de Xeografía e Historia para o 3.º curso da ESO. Estes contidos abranguen as características do Antigo Réxime, o nacemento do liberalismo económico, as principais revolucións do século XVIII e a xénese da Europa contemporánea.
O REA segue o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), proporcionando actividades multinivel, adaptadas a diferentes niveis de dificultade, e lecturas facilitadas dos contidos explicados ao longo do recurso.
Os contidos deberán ser empregados na resolución dun reto final no que o alumnado deberá elaborar un produto informativo (xornal, programa de radio ou pódcast) de diferentes tendencias nos que se trate unha nova relacionada cos contidos estudados.
A avaliación realizarase a través da rúbrica proporcionada, así como a mediante a retroalimentación a partir das actividades propostas. Ademais, o alumnado reflexionará sobre o seu propio proceso de traballo e progreso persoal no diario de aprendizaxe.
O obxectivo último é que a experiencia didáctica sexa motivadora e que o alumnado poida conectar os contidos da unidade coa súa realidade, moi especialmente coa necesidade de aprender do pasado para ter un desenvolvemento sostible e unha sociedade máis xusta e igualitaria.