Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución establecidos para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (segundo a proposta de Proens).
Cómpre ter en conta que:
- A táboa inclúe os pesos dos criterios de avaliación das dúas unidades didácticas, polo que a suma total é do 200 %.
- O peso na materia das unidades didácticas que abrangue este REA é :
- 10 % UD10 As Revolucións burguesas. A Revolución Industrial e a mentalidade capitalista dunha nova organización social de clases.
- 10 % UD11 A chegada dunha nova dinastía en España. Uniformismo e reformismo borbónico. Crise do Antigo Réxime en España e Galicia ata 1814.
- Ao desenvolver de maneira conxunta dúas unidades didácticas da programación modelo de Proens, é preciso facer unha media ponderada coas porcentaxes anteriores para o cálculo da cualificación final.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.2 - Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes. | Expresa, despois da súa propia pescuda, cal é o significado de termos históricos como revolución, burguesía, capitalismo, democracia, constitución, absolutismo etc. | TI | 10 | 10 |
| CA2.2 - Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da historia e da xeografía. | Realiza con certo nivel de desenvolvemento unha liña de tempo na que se representen os procesos revolucionarios da época: revolución americana, francesa, etapa de Napoleón, Revolución Industrial,... | TI | 10 | 20 |
| CA2.3 - Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósters, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos. | Realiza con certa soltura unha presentación en pósters, ppt... cunha exposición sobre un personaxe (home ou muller) da época e sobre o papel das mulleres nos procesos revolucionarios. | TI | 10 | 10 |
| CA2.4 - Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro. | Explica dun xeito suficiente o concepto de revolución burguesa citando algúns obxectivos políticos revolucionarios en contraposición co Antigo Réxime. | PE | 10 | 20 |
| CA3.1 - Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados. | Fai unha enumeración dos motivos que conduciron ás revoltas facendo un exercicio escrito suficientemente comprensible. | PE | 10 | 10 |
| CA3.3 - Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia. | Responde de xeito sucinto ás preguntas sobre o proceso de independencia das colonias americanas e da Revolución francesa identificando a ideoloxía liberal e nacionalista como ideas que teñen pervivencia no presente. | PE | 10 | 20 |
| CA3.8 - Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario, diverso, intercultural e sostible, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sostibilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sostible. | Contesta cunha certa claridade a cuestións sobre a organización do estado, institucións e poderes do estado, democracia e constitución, expresando e recoñecendo o valor destas institucións. | PE | 10 | 10 |
| CA1.1 - Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexos, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación. | Realiza con certa soltura unha pescuda de información sobre que é unha dinastía averiguando que reis españoles houbo antes do século XVIII. | TI | 11 | 20 |
| CA1.6 - Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais. | Fai un resumo tras a lectura, visualización e proxección dunha breve recensión histórica de España antes do XVIII, de xeito suficiente e comprensible e recoñecendo trazos identitarios. | TI | 11 | 10 |
| CA2.2 - Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da historia e da xeografía. | Elabora con certa autonomía escalas cronolóxicas dos feitos acaecidos no século XVIII en España e no resto do territorio europeo extraendo as súas propias conclusións. | PE | 11 | 10 |
| CA2.3 - Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos. | Realiza case sen axuda da persoa docente tarefas propostas sobre a España e Galicia do século XVIII como cuestionarios, test, relación de termos... | TI | 11 | 10 |
| CA2.4 - Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro. | Identifica algunhas características básicas da Ilustración española e galega explicando algunhas reformas político-administrativas do século XVIII e, de forma xeral, a Guerra de Independencia. | PE | 11 | 20 |
| CA3.3 - Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia. | Explica dun xeito comprensible as reformas económicas acometidas polos Borbóns extrapolando a súa influenza na actualidade no senso de establecer relacións entre o estado uniformista e o estado descentralizado. | PE | 11 | 20 |
| CA3.5 - Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e da igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados. | Identifica, cun certo grao de comprensión, os trazos que conformaron a España e a Galicia contemporáneas enumerando algunhas características da diversidade social e cultural que conforman o país. | PE | 11 | 10 |
| Lenda: %: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores | ||||