Revolución! Noticias dun novo mundo
O presente REA (Recuso Educativo Aberto) vai dirixido ao alumnado da materia de Xeografía e Historia de 3.º da ESO. Os contidos do REA abranguen as revolucións dos séculos XVII e XVIII: a Guerra de Independencia Americana, a Revolución Francesa e a Primeira Revolución Industrial, así coma os cambios sociais, económicos e dos modos de produción derivados delas. Cambios que definiron o mundo actual e a sociedade na que vivimos e para a que debe estar preparado o alumnado.
Para lograr os obxectivos e acadar as competencias necesarias, o REA formula un reto no que o alumnado deberá empregar todos os coñecementos adquiridos durante as fases anteriores do recurso. Así, a través dos textos contidos no REA como no material descargable, o alumnado aprenderá como en Europa e América se pasou dun sistema político totalitario a unha sociedade de dereito, na que a participación cidadá é a base do Estado e o sistema democrático o que garante a estabilidade política e os dereitos dos e das cidadás.