Temporalización do REA
Este REA está pensado para realizarse en 18 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Xeografía e Historia" de 3 º de ESO, englóbase no terceiro trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. Un alborotado cambio de era… | Entre luces e revolucións | Presentación do REA e do reto. | 1 sesión |
| 2 Antecedentes: Recorda que pasaba no mundo | 2.1 O Despotismo...que? | Repaso de coñecementos previos. | 2 sesións |
| 3. Reportaxe: Unha revolución tras outra | 3.1 O fin dunha Era 3.2 Súbditos ou cidadáns 3.3 Suplemento: Chega a industrialización? 3.4 Unha volta ás revoltas |
Adquisición de novos coñecementos e preparación para o reto. | 9 sesións |
| 4. Redacción: Elaborando o voso xornal | Aplicación dos coñecementos aprendidos no REA na solución do reto proposto. | 5 sesións | |
| 5. Editorial: Presentando o novo mundo | Avaliación dos resultados. | 1 sesión |