Metodoloxía
Partindo da idea de que o alumnado aprende mellor cando desenvolve un papel activo e protagonista no proceso de aprendizaxe, o deseño deste REA baseouse nunha metodoloxía participativa e práctica, centrada nos seguintes principios:
- Priorizarase a flexibilidade, ofrecendo actividades de distintos niveis e adaptadas ás necesidades e ritmos de cada estudante, para que cada quen poida avanzar ao seu propio ritmo e sentirse motivado.
- O alumnado asumirá o rol de actor principal no seu propio proceso de aprendizaxe, participando activamente nas actividades, reflexionando sobre o que aprende e aplicando os coñecementos a situacións reais.
- Fomentarase a autonomía e a capacidade de autoaprendizaxe, promovendo a habilidade de “aprender a aprender” e fornecendo ferramentas que permitan aos estudantes xestionar o seu propio progreso de maneira consciente e responsable.
A aprendizaxe que se propón será:
- Significativa, conectando os coñecementos novos cos previos do alumnado.
- Práctica, baseada na resolución de problemas e retos aplicados a situacións reais.
- Funcional, con aplicación directa á contorna e á vida diaria do alumnado.
Ademais:
- Os contidos traballaranse dun xeito operativo, práctico e comprensible, contextualizados nas situacións propostas.
- Favorecerase a adquisición de coñecementos interrelacionados, abordados con enfoque multicausal e mediante estratexias interdisciplinares.
- Combinarase o traballo individual e colectivo, promovendo a reflexión persoal e as dinámicas de intercambio de ideas e aprendizaxe colaborativo.
- Integrarase unha perspectiva coeducativa, garantindo a igualdade de participación entre nenas e nenos.
- Promoverase o uso das TIC como ferramenta de apoio ao proceso de aprendizaxe.
- Aplicaranse estratexias para traballar de forma transversal competencias diversas, desde a comprensión lectora ata a dixital.
- Todo o proceso incluirá retroalimentación continua e avaliación constante.
- Respectaranse os ritmos de aprendizaxe individuais e a diversidade do alumnado, seguindo os principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA).