Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Temporalización prevista en base á programación de Proens. 18 sesións: nove correspondentes á unidade cinco e outras nove á sete.

Táboa na que se relacionan as diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións previstas para cada unha delas, recollendo unha breve descrición do traballo a desenvolver nas diferentes seccións de cada fase.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. A actividade económica: pistas, lembranzas e descubrimentos

Sesión de motivación e presentación da tarefa

1 sesión

2. Rastrexando saberes: a porta de entrada á actividade económica

2.1. A forza que move o mundo
2.2. Onde todo comeza
2.3. Onde a materia se transforma
2.4. Servizos que moven o mundo
2.5. Todo está relacionado
2.6. Un alto no camiño

Sesións de revisión e activación de coñecementos previos.

3 sesións

3. O motor que sostén a sociedade: avanzamos no saber

3.1. Producir, transformar e avanzar
3.2. O latexo da economía nun mundo global
3.3. De aquí, de aquí sae todo!
3.4. A maxia de transformar
3.5. Sempre ao seu servizo
3.6. É posible seguir así?
3.7. Un novo alto no camiño

Sesións prácticas e interactivas centradas nos distintos sectores de produción e na distribución das actividades económicas no territorio. O obxectivo é que o alumnado descubra como se organizan e relacionan estas actividades no espazo xeográfico, fomentando o interese e a curiosidade desde a perspectiva de “aprender pensando”. Nesta dinámica, o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe.
As actividades propostas son multinivel e interactivas, deseñadas para que os estudantes comprendan mellor os conceptos e se preparen para resolver retos prácticos relacionados coa análise económica e espacial. Todo isto promove a autonomía, a reflexión e a capacidade de aprender de forma independente.

10 sesións

4. Estudando xeografía comprendemos o mundo

Sesións dirixidas á investigación e análise de expedientes a partir de fichas informativas, promovendo a busca de información, o traballo en grupo e as competencias comunicativas.
O alumnado deberá seleccionar dúas fichas, cubrilas coa información correspondente e elaborar un breve informe ou presentación no formato que prefiran (escrito, pódcast, cartel, infografía etc.), dando mostra de comprensión, síntese e creatividade.

2 sesións

5. Mirada atrás, pasos adiante!

Sesión dedicada á exposición pública dos produtos finais por parte dos distintos grupos de traballo, e posta en común das valoracións sobra o aprendido.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)