Saltar navegación

3. Guía de uso

Pensar, gobernar e crear: A Ilustración e o Século das Luces

O presente REA presenta as principais  características do Antigo Réxime, da Ilustración, do Despotismo Ilustrado e dos principais movementos artísticos da época (rococó, Neoclasicismo e Romanticismo, facendo especial fincapé na figura de Goya)

Como reto final, o profesorado proporá a elaboración dunha serie de produtos finais, empregando diferentes ferramentas e formatos creativos, que permitan ao alumnado analizar, comprender e comunicar ao resto da comunidade educativa os cambios políticos, económicos e socials que se produciron no Antigo Réxime, grazas ás ideas dos ilustrados, ademais das principais características dos diferentes estilos artísticos da época. 

O REA segue o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), proporcionando actividades multinivel, adaptadas a diferentes niveis de dificultade, e con lecturas facilitadas dos contidos explicados ao longo da unidade. 

Os contidos deberán ser empregados na resolución dun reto final no que o alumnado deberá solucionar, a través dunha serie de produtos finais, adaptados ás diferentes capacidades e intereses do alumnado. A avaliación realizarase a través da rúbrica proporcionada, mediante a retroalimentación a partir do Diario de aprendizaxe e das actividades propostas.

O obxectivo último é que a experiencia didáctica sexa motivadora e que o alumnado poida conectar os contidos da unidade coa seu contorno máis próximo, moi especialmente coa necesidade de aprender a vivir nunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)