Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 3.º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens versión 2 publicada na plataforma en maio de 2025, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta.

A proposta de REA de cREAgal agrupa dúas unidades didácticas en cada recurso. A planificación completa contempla un total de seis REA. 

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Salvemos Aldea Vella" UD 1 Relacións entre a natureza e a sociedade. A pegada humana no medio e ameazas á Terra e o contorno próximo de España e Galicia.

UD 3 O espazo natural, rural e urbano. Formas de poboamento e a súa transformación. Evolución en España e Galicia e retos do futuro.
CA 1.2, CA 1.3, CA 1.4, CA 2.3, CA 2.5, CA 3.6, CA 3.7 10 % 1.º trimestre
REA 2: "Amadou, da guerra á escola" UD 2 Globalización, movementos migratorios e interculturalidade.

UD 4 Organización política das sociedades e ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional.
CA 1.1, CA 1.3, CA 1.5, CA 1.6, CA 2.1, CA 2.6, CA 2.8, CA 3.1, CA 3.4, CA 3.6, CA 3.7, CA 3.8 15 % 1.º trimestre
REA 3: "Do trigo á IA: a economía, o motor do mundo" UD 5 Actividade económica e sectores produtivos. Axentes económicos. A economía globalizada e o desenvolvemento sostible.

UD 7 Os sistemas económicos. A distribución desigual dos recursos e do traballo nun mundo globalizado.
CA 1.4, CA 1.6, CA 2.1, CA 2.5, CA 3.1, CA 3.2, CA 3.3, CA 3.7, CA 3.8 20 % 2.º trimestre
REA 4: "Todas as persoas suman: construíndo un mundo diverso" UD 6 Paisaxes humanizadas e os sectores produtivos na Unión Europea, España e Galicia.

UD 8 A poboación e o poboamento en España e en Galicia. Diversidade social, multiculturalidade e igualdade de xénero.
CA 1.2, CA 1.4, CA 1.5, CA 1.6, CA 2.3, CA 2.5, CA 2.7, CA 2.8, CA 3.2, CA 3.3, CA 3.6, CA 3.7 20 % 2.º trimestre
REA 5: "Pensar, gobernar e crear: A Ilustración e o século das luces" UD 9 O século da Razón. Transformación política. Da servidume á cidadanía.

UD 12 Os movementos artísticos. As artes na época da Ilustración. Rococó, Neoclasicismo, Romanticismo. A figura de Goya.
CA 1.1, CA 1.3, CA 2.1, CA 2.2, CA 2.3, CA 2.4, CA 2.6, CA 2.8, CA 3.1, CA 3.3 15 % 3.º trimestre
REA 6: "Revolución! Noticias dun novo mundo" UD 10 As Revolucións burguesas. A Revolución industrial e a mentalidade capitalista dunha nova organización social de clases.

UD 11 A chegada dunha nova dinastía en España. Uniformismo e reformismo borbónico. Crise do Antigo Réxime en España e Galicia ata 1814.
CA 1.1, CA 1.2, CA 1.6, CA 2.2, CA 2.3, CA 2.4, CA 3.1, CA 3.3, CA 3.5 20 % 3.º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica artéllase a través dos seguintes eixes:

  • Traballar de forma colaborativa e individual para adquirir unha serie de competencias que lle axuden ao alumnado a reflexionar e a coñecer de forma profunda os contidos traballados.
  • Ampliar o coñecemento e poñer en práctica os principais ODS da axenda 2030 traballados de forma transversal no REA.
  • Coñecer as influencias da Ilustración nas sociedades actuais.
  • Analizar os procesos de políticos, económicos, sociais e artísticos e a súa influencia na vida diaria das persoas.
  • Recoñecer a importancia da igualdade de xénero na sociedade actual.
  • Acadar unha sociedade na que destaquen os principais valores democráticos.
  • Defender a liberdade e os dereitos fundamentais das persoas. 
  • Recoñecer a importancia da arte como un medio de crónica e denuncia social.

Por outra banda, o REA está pensado para traballar de xeito transversal moitos dos ODS da Axenda 2030, por exemplo; saúde e benestar (obxectivo 3), educación de calidade (obxectivo 4), igualdade de xénero (obxectivo 5), traballo decente e crecemento económico (obxectivo 8), industria, innovación e infraestruturas (obxectivo 9), redución das desigualdades (obxectivo 10), paz, xustiza e institucións sólidas (obxectivo 16) e alianzas para acadar os obxectivos (obxectivo 17).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular no que se desenvolve esta situación de aprendizaxe é o das unidades didácticas UD 9 "O século da Razón. Transformación política. Da servidume á cidadanía." e UD 12 "Os movementos artísticos. As artes na época da Ilustración. Rococó, Neoclasicismo, Romanticismo. A figura de Goya.", propostas na programación modelo PROENS da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na comunidade autónoma de Galicia.
Este REA contextualízase no terceiro trimestre do curso, constituíndo o quinto REA desta proposta cREAgal.


A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • C1.3 - Sociedade da información. Procura, tratamento da información, uso de datos en contornas dixitais e avaliación e contraste da fiabilidade das fontes. O problema da desinformación. Uso específico do léxico relativo aos ámbitos histórico, artístico e xeográfico.
  • C1.4 - Cultura mediática. Técnicas e métodos das ciencias sociais: análise de textos, interpretación e elaboración de mapas, esquemas e sínteses, representación de gráficos e interpretación de imaxes a través de medios dixitais accesibles. Tecnoloxías da información xeográfica.
  • C1.9 - Igualdade de xénero e formas de violencia contra as mulleres. Actitudes e comportamentos sexistas

Bloque 1

Retos do mundo actual

  • C2.1 - Métodos de investigación no ámbito da xeografía e da historia. Metodoloxías do pensamento histórico e do pensamento xeográfico.
  • C2.2 - As fontes históricas como base para a construción do coñecemento sobre o pasado contemporáneo. Contraste entre interpretacións de historiadores.
  • C2.3 - A transformación política dos seres humanos: da servidume á cidadanía. Transicións, revolucións e resistencias: permanencias e cambios na época contemporánea. A conquista dos dereitos individuais e colectivos na época contemporánea. Orixe, evolución e adaptación dos sistemas liberais en España e no mundo a través das fontes.
  • C2.9 - O nacemento das novas expresións artísticas e culturais ata a metade do século XIX e a súa relación coas artes clásicas. A personalidade independente de Goya. Respecto e conservación do patrimonio material e inmaterial.
  • C2.10 - Organización política das sociedades. Ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional como garante do desenvolvemento de dereitos e liberdades para o exercicio da cidadanía. Cidadanía europea e cosmopolita.

Bloque 2

Sociedades e territorios

  • C3.3 - O patrimonio como ben e como recurso. Posta en valor, difusión e xestión da riqueza patrimonial.

Bloque 3

Compromiso cívico e global

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA

Obxectivos Descrición
OBX 1 Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX 3 Coñecer os principais desafíos aos cales se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas a que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sostible. 
OBX 5 Analizar de forma crítica formulacións históricas e xeográficas explicando a construción dos sistemas democráticos e os principios constitucionais que rexen a vida en comunidade, así como asumindo os deberes e dereitos propios do noso marco de convivencia, para promover a participación cidadá e a cohesión social. 
OBX 7 Identificar os fundamentos que sosteñen as diversas identidades propias e as alleas, a través do coñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que compartimos para conservalo e respectar os sentimentos de pertenza, así como para favorecer procesos que contribúan á cohesión e solidariedade territorial no tocante aos valores do europeísmo e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. 

Competencias clave e os descritores operativos traballados

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP2, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD4, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)