Temporalización do REA
Esta unidade levarase a cabo en 17 sesións (as das unidades 9 e 12) e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Xeografía e Historia" de 3.º de ESO, englóbase no terceiro trimestre.
A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| Fase 1: Novas preocupantes | 1.1. Miremos arredor de nós 1.2. O coñecemento é liberdade |
Actividades de motivación e presentación do reto final | 1 sesión |
| Fase 2: Tempos pasados | 2.1. O Estado son eu: a monarquía absoluta 2.2. Un pobo sometido: a sociedade estamental |
Repaso de coñecementos previos sobre o tema | 2 sesións |
| Fase 3: Acendendo as luces | 3.1. A Ilustración: a luz do coñecemento 3.2. Todo para o pobo, mais con luces: o despotismo ilustrado 3.3. Unha arte, unha época 3.4. Á luz do aprendido |
Sesións dedicadas á ensinanza e asimilación dos contidos. Búscase que o alumnado participe de xeito activo no proceso de ensino-aprendizaxe e a reflexión consciente, especialmente para relacionar os contidos partindo dunha visión local ata o global. Inclúe actividades interactivas multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar ao alumnado para a resolución do reto proposto na situación de aprendizaxe. |
9 sesións |
| Fase 4: Os novos tempos | Sesións dedicadas á realización do reto final na modalidade que escolla o alumnado. Preténdese que este reto sexa unha expresión de todo o aprendido durante a unidade e que o alumnado sexa capaz de sintetizar de xeito coherente, claro e eficaz os coñecementos adquiridos. |
4 sesións | |
| Fase 5: Ilustrando ao mundo | Sesión de reflexión e autoavaliación do proceso de ensino-aprendizaxe. | 1 sesión |