Saltar navegación

3. Guía de uso

No me mires que me desgasto

O REA "No me mires que me desgasto" trata de sentar as bases do cambios físicos e químicos e a súa influencia no noso contorno e concretamente no desgaste dos monumentos que nos rodean. A identificación, análise e comprensión dos distintos tipos de cambios e as súas consecuencias posibilitan que o alumnado deseñe mapa da zona no que se mostre o desgaste do patrimonio cercano a súa contorna. O recurso fai que o alumnado traballe dende un enfoque competencial cercano a súa realidade, construíndo unha situación de aprendizaxe relacionada coa súa vida persoal e social.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA,  presentado diferentes versións da información de xeito que diversificamos o acceso á información en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuiais de noso alumnado. 

Preténdese que o alumnado coñeza e asimile de forma razoada os distintos cambios que se poden dar, as súas diferenzas máis notables e consecuencias, apoiándose no desenvolvemento dunha situación de aprendizaxe que afonde no análise de distintas problemáticas da realidade evitando así unha aprendizaxe memorística. 

En concreto o REA inclúe cinco fases ben diferenciadas co fío condutor da creación dun mapa coa documentación asociada onde se analice a acción dos distintos cambios físicos e químicos no patrimonio monumental de Galicia. 

Na primeira fase "El paso del tiempo" descríbese o reto a acadar, o deseño en grupo do mapa no se visualice o desgaste producido nos distintos monumentos e elementos da contorna como consecuencia dos distintos cambios físicos ou químicos sufridos, así como a formación dos distintos grupos de traballo. Trátase dunha fase motivacional e integradora, moi enfocada cara o sentido socioafectivo. 

Na segunda fase "El deterioro visible" realízase un repaso dos coñecementos abordados nos cursos anteriores en relación coa identificación e interpretación dos distintos tipos de cambios que se poden producir. Tratando de contextualizar estes contidos no patrimonio galego, analizaranse estes efectos en monumentos e elementos da realidade galega.

Na terceira fase "¿Por qué envejecen los monumentos?" introdúcense os novos contidos como as distintas reaccións químicas, as causas e consecuencias dos cambios, a lei de conservación da masa, os distintos elementos que poden modificar a velocidade dunha reacción química, así como a importancia da química en Galicia, en ámbitos tan variados e diversos como a industria, a medicina, a tecnoloxía entre outros, e a resolución de problemas contextualizados. Ademais esténdense a outros contidos como o desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe, observación, análise e investigación.

Na cuarta fase "Seguimiento del patrimonio" ponse en práctica todo o aprendido, polo que o alumnado debe ser quen de deseñar o seu mapa coa información da causa e consecuencia do desgaste producido en cada monumento ou elemento. 

Na quinta fase "Expón tu patrimonio" ponse en valor o aprendido compartíndoo co resto da clase e abrindo a posibilidade de que algún destes mapas poida ser utilizado pola comunidade educativa para facer realidade a proposta. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)