Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é o número 3 dentro dos 6 que cobren integramente o currículo da materia de Física e Química de 2.º da ESO.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 2 do 13/05/2025).

As 7 unidades didácticas deste modelo foron distribuídas segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "A la conquista de la ciencia" 1. A actividade científica
2. A materia
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.1, CA1.3.3, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA1.8, CA1.9.
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.1, CA1.3.3, CA1.4, CA1.5, CA1.7, CA1.9, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4.
9 %
17 %

1.º Trimestre

REA 2: "La química da de comer" 3. Sistemas materiais CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.1, CA1.3.2, CA1.3.3, CA1.4, CA1.5, CA1.7, CA1.9, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA5.4. 15 % 1.º e 2.º Trimestres
REA 3: "No me mires que me desgasto" 4. Cambios físicos e químicos CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.2, CA1.9, CA2.5, CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4. 9 % 2.º Trimestre
REA 4: "Viñetas en movimiento" 5. O movemento CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.1, CA1.3.3, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA1.8, CA1.9, CA4.1, CA4.1.1, CA4.2, CA4.2.1, CA4.2.2, CA4.2.3, CA4.3, CA4.4, CA4.5. 17 % 2.º Trimestre
REA 5: "PlayNewton" 6. As forzas CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.1, CA1.3.3, CA1.4, CA1.5, CA1.7, CA1.9, CA4.1, CA4.1.2, CA4.2, CA4.2.4, CA4.2.5, CA4.3, CA4.4, CA4.5. 16 % 3.º Trimestre
REA 6: "Cortocircuito informativo" 7. A enerxía CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.3.1, CA1.3.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA1.8, CA1.9, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5. 17 % 3.º Trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Física e Química para 2.º de ESO baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Utilizar fenómenos naturais e situacións próximas ao alumnado como motor de aprendizaxe, empregando a indagación para dar sentido ás leis físicas e químicas.
  • Fomentar que o alumnado aprenda conceptos á vez actúa como investigador/a, formulando hipóteses e deseñando experiencias para comprobar resultados.
  • Empregar modelos científicos para explicar o macroscópico desde o microscópico, potenciando a abstracción e o razoamento lóxico.
  • Converter o laboratorio nun espazo de colaboración onde o traballo en equipo desenvolva a responsabilidade, a comunicación científica e as habilidades sociais.
  • Aplicar ferramentas dixitais e laboratorios virtuais que faciliten a visualización de conceptos complexos, adaptando o ritmo ás necesidades de cada alumno/a.
  • Analizar o impacto da ciencia na sociedade, fomentando a sostibilidade, o consumo responsable de enerxía e a visibilización das mulleres na ciencia.
  • Empregar a avaliación continua para detectar ideas previas erróneas, guiar o progreso na adquisición de destrezas científicas e garantir a atención á diversidade mediante diversos instrumentos.

Relación cos Obxectivos da axenda 2030 para o desenvolvemento sostible:

  • ODS 9 (Industria, innovación e infraestrutura): valórase o papel da ciencia na historia e como os seus descubrimentos permitiron o avance tecnolóxico e a mellora da calidade de vida.
  • ODS 12 (Produción e consumo responsable): formar persoas informadas que comprendan que cada cambio químico industrial ou doméstico ten unha pegada no planeta.
  • ODS 13 (Acción polo clima): estudo das reaccións químicas co seu impacto directo na contorna natural.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens, contextualízase na unidade didáctica 4. "Cambios físicos e químicos".

A proposta é traballalo no segundo trimestre, como terceiro REA do proxecto cREAgal para a materia. 

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contidos 1. "As destrezas científicas básicas", 2. "A materia" e 5. "O cambio". 

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Metodoloxías propias da investigación científica: identificación e formulación de cuestións, elaboración de hipóteses e comprobación experimental destas.
  • C1.3 - Contornas e recursos de aprendizaxe científica, como o laboratorio ou as contornas virtuais: materiais, substancias e ferramentas tecnolóxicas.
    • C1.3.1 Contornas e recursos de aprendizaxe científica: os laboratorios (materiais, substancias).
  • C1.4 - Normas de uso de cada espazo, asegurando e protexendo así a saúde propia e comunitaria, a seguridade nas redes e o respecto cara ao medio natural.
    • C1.4.1 Normas de uso de cada espazo, asegurando e protexendo así a saúde propia e comunitaria e o respecto cara ao medio ambiente.
  • C1.5 - A linguaxe científica: unidades do sistema internacional e os seus símbolos. Ferramentas matemáticas básicas en diferentes escenarios científicos e de aprendizaxe.
  • C1.6 - Estratexias de interpretación e produción de información científica utilizando diferentes formatos e diferentes medios: desenvolvemento do criterio propio baseado no que o pensamento científico achega á mellora da sociedade para facela máis xusta, equitativa e igualitaria.
  • C1.7 - Valoración da cultura científica e do papel de científicos e científicas nos principais fitos históricos e actuais da física e da química para o avance e a mellora da sociedade.
Bloque B1. As destrezas científicas básicas
  • C2.2 - Experimentos relacionados cos sistemas materiais: coñecemento e descrición das súas propiedades, a súa composición e a súa clasificación.
    • C2.2.1 Os estados da materia e os seus cambios.
    • C2.2.3 Clasificación dos sistemas materiais: separación de mesturas.
  • C2.3 - Nomenclatura: participación dunha linguaxe científica común e universal a través da interpretación das fórmulas químicas dalgúns compostos binarios de importancia e o coñecemento dos símbolos dos principais elementos químicos.
Bloque B2. A materia
  • C5.1 - Os sistemas materiais: análise dos diferentes tipos de cambios que experimentan relacionando as causas que os producen coas consecuencias que teñen.
  • C5.2 - Interpretación macroscópica e microscópica das reaccións químicas: explicación das relacións da química co ambiente, coa tecnoloxía e coa sociedade.
Bloque B5. O cambio

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Comprender e relacionar os motivos polos que ocorren os principais fenómenos fisicoquímicos da contorna, explicándoos en termos das leis e teorías científicas adecuadas para resolver problemas co fin de aplicalas para mellorar a realidade próxima e a calidade da vida humana.
OBX 2 Expresar as observacións realizadas polo alumnado en forma de preguntas, formulando hipóteses para explicalas e demostrando estas hipóteses a través da experimentación científica, a indagación e a procura de evidencias, para desenvolver os razoamentos propios do pensamento científico e mellorar as destrezas no uso das metodoloxías científicas.
OBX 3 Manexar con soltura as regras e as normas básicas da física e da química no referente á linguaxe da IUPAC, á linguaxe matemática, ao emprego de unidades de medida correctas, ao uso seguro do laboratorio e á interpretación e produción de datos e información en diferentes formatos e fontes, para recoñecer o carácter universal e transversal da linguaxe científica e a necesidade dunha comunicación fiable en investigación e ciencia entre diferentes países e culturas. 
OBX 6 Comprender e valorar a ciencia como unha construción colectiva en continuo cambio e evolución, na que non só participan as persoas dedicadas a ela, senón que tamén require dunha interacción co resto da sociedade, para obter resultados que repercutan no avance tecnolóxico, económico, ambiental e social.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD3, CD4
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1,  CPSAA2, CPSAA4
Competencia cidadá (CC) CC1, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)