Saltar navegación

3. Guía de uso

Amadou, da guerra á escola

O REA “Amadou, da guerra á escola” ten coma finalidade ensinar os aspectos básicos dos principais procesos globais — globalización, interculturalidade e migracións—, dos organismos internacionais e da configuración institucional e territorial do Estado español. O alumnado traballará os contidos cun enfoque competencial, práctico e significativo.

Os diferentes bloques do REA están deseñados tendo en conta os principios do DUA, ofrecendo a información en formatos variados e accesibles para alumnado con necesidades, intereses e ritmos de aprendizaxe diversos. Así mesmo, propóñense actividades multinivel que permiten ofrecer diferentes vías de acceso, participación e expresión, garantindo que cada estudante poida avanzar na aprendizaxe.

Pretendemos que alumnado coñeza e comprenda os contidos traballados e que logo sexa capaz de aplicar correctamente eses coñecementos para superar un reto final consistente en elaborar por grupos un Plan de Acollida para dous refuxiados, Amadou (de Sudán do Sur) e Nora (de Afganistán), creando un pódcast ou póster informativo. O traballo debe explicar a realidade dos refuxiados, darlles a coñecer España e a UE, e mostrar o valor da interculturalidade e a solidariedade no instituto.

Deste xeito pretendemos que o profesorado que queira utilizar este recurso na aula teña unha nova posibilidade e enfoque educativo, presentando unha situación motivadora para a aprendizaxe de aspectos básicos do mundo actual.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)