Temporalización do REA
Temporalización prevista en base á programación de Proens. 17 sesións: oito correspondentes á unidade dúas e nove á catro.
Táboa na que se relacionan as diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións previstas para cada unha delas, recollendo unha breve descrición do traballo a desenvolver nas diferentes seccións de cada fase.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Cando a vida cambia de lugar |
1.1. Vai empezar o reto |
Sesión de motivación e presentación da tarefa. |
1 sesión |
|
2. Que sabes do mundo? |
2.1. Pontes entre culturas 2.2. De aquí para acolá 2.3. Quen manda? Como manda? 2.4. España por dentro: quen manda? Onde manda? |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos. |
3 sesións |
|
3. Un mundo en movemento |
3.1. Fronteiras difusas 3.2. Onde as persoas e as historias se atopan 3.3. De aquí a acolá 3.4. Entender o poder 3.5. O mundo fala
3.6. Un alto no camiño |
Sesións con actividades informativas e interactivas sobre globalización, interculturalidade, movementos migratorios, organizacións supranacionais, e a organización institucional e territorial de España. Están deseñadas para crear interese no alumnado dende a perspectiva de “aprender pensando”. O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe. Inclúe actividades interactivas multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar o alumnado para a resolución do reto proposto na situación de aprendizaxe, nun proceso que fomenta a súa autonomía e capacidade de autoaprendizaxe. |
8 sesións |
|
4. Reto final: Tendendo pontes entre culturas |
4.1. Na pel de Amadou e Nora 4.2. Amadou e Nora coñecen o seu novo mundo 4.3. O que nos achegan Amadou e Nora |
Sesións dirixidas á realización dun reto que combina empatía, coñecemento xeográfico e social, traballo en grupo e competencias comunicativas e que consiste en que o alumnado debe elaborar por grupos un plan de acollida para dous refuxiados, Amadou (de Sudán do Sur) e Nora (de Afganistán), creando un pódcast ou póster informativo. O traballo debe explicar a realidade dos refuxiados, darlles a coñecer España e a UE, e mostrar o valor da interculturalidade e a solidariedade no instituto. |
4 sesións |
|
5. O mundo que queremos |
Sesión dedicada á exposición pública dos produtos finais por parte dos distintos grupos de traballo, e posta en común das valoracións sobra o aprendido. |
1 sesión |