Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 3º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens versión 2 publicada na plataforma en maio de 2025, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta.

A proposta de REA de cREAgal agrupa dúas unidades didácticas en cada recurso. A planificación completa contempla un total de seis REA. 

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Salvemos Aldea Vella" UD 1 Relacións entre a natureza e a sociedade. A pegada humana no medio e ameazas á Terra e o contorno próximo de España e Galicia.

UD 3 O espazo natural, rural e urbano. Formas de poboamento e a súa transformación. Evolución en España e Galicia e retos do futuro.
CA 1.2, CA 1.3, CA 1.4, CA 2.3, CA 2.5, CA 3.6, CA 3.7 10 % 1.º trimestre
REA 2: "Amadou, da guerra á escola" UD 2 Globalización, movementos migratorios e interculturalidade.

UD 4 Organización política das sociedades e ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional.
CA 1.1, CA 1.3, CA 1.5, CA 1.6, CA 2.1, CA 2.6, CA 2.8, CA 3.1, CA 3.4, CA 3.6, CA 3.7, CA 3.8 15 % 1.º trimestre
REA 3: "Do trigo á IA: a economía, o motor do mundo" UD 5 Actividade económica e sectores produtivos. Axentes económicos. A economía globalizada e o desenvolvemento sostible.

UD 7 Os sistemas económicos. A distribución desigual dos recursos e do traballo nun mundo globalizado.
CA 1.4, CA 1.6, CA 2.1, CA 2.5, CA 3.1, CA 3.2, CA 3.3, CA 3.7, CA 3.8 20 % 2.º trimestre
REA 4: "Todas as persoas suman: construíndo un mundo diverso" UD 6 Paisaxes humanizadas e os sectores produtivos na Unión Europea, España e Galicia.

UD 8 A poboación e o poboamento en España e en Galicia. Diversidade social, multiculturalidade e igualdade de xénero.
CA 1.2, CA 1.4, CA 1.5, CA 1.6, CA 2.3, CA 2.5, CA 2.7, CA 2.8, CA 3.2, CA 3.3, CA 3.6, CA 3.7 20 % 2.º trimestre
REA 5: "Pensar, gobernar e crear: A Ilustración e o século das luces" UD 9 O século da Razón. Transformación política. Da servidume á cidadanía.

UD 12 Os movementos artísticos. As artes na época da Ilustración. Rococó, Neoclasicismo, Romanticismo. A figura de Goya.
CA 1.1, CA 1.3, CA 2.1, CA 2.2, CA 2.3, CA 2.4, CA 2.6, CA 2.8, CA 3.1, CA 3.3 15 % 3.º trimestre
REA 6: "Revolución! Noticias dun novo mundo" UD 10 As Revolucións burguesas. A Revolución industrial e a mentalidade capitalista dunha nova organización social de clases.

UD 11 A chegada dunha nova dinastía en España. Uniformismo e reformismo borbónico. Crise do Antigo Réxime en España e Galicia ata 1814.
CA 1.1, CA 1.2, CA 1.6, CA 2.2, CA 2.3, CA 2.4, CA 3.1, CA 3.3, CA 3.5 20 % 3.º trimestre

Eixes da proposta didáctica

  • O traballo sobre a información e as súas fontes a través de recursos variados.
  • A contextualización das aprendizaxes na contorna local e global.
  • O interese polos obxectivos de desenvolvemento sostible.
  • O exercicio da solidariedade, a cohesión social e a coeducación en igualdade mediante o traballo grupal.

O traballo desenvolvido tamén contribuirá a acadar determinados obxectivos dos ODS entre eles: 

  • ODS 4: Educación de calidade
  • ODS 8: Traballo decente e crecemento económico
  • ODS 9: Industria, innovación e infraestrutura
  • ODS 10: Redución das desigualdades
  • ODS 12: Produción e consumo responsables
  • ODS 13: Acción polo clima

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Contextualización do REA na programación modelo de Proens

O marco curricular no que se desenvolve esta situación de aprendizaxe é o das unidades didácticas UD 2 "Globalización, movementos migratorios e interculturalidade." e UD 4 "Organización política das sociedades e ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional", propostas na programación modelo PROENS da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na comunidade autónoma de Galicia.
Este REA contextualízase no primeiro trimestre do curso, constituíndo o primeiro REA desta proposta cREAgal.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos específicos traballados dentro de cada bloque xeral de contido

Contidos Bloque da materia
  • C1.2 - Globalización. Os movementos migratorios e interculturalidade no ámbito mundial. Conflitos ideolóxicos e etnoculturais.
  • C1.3 - Sociedade da información. Procura, tratamento da información, uso de datos en contornas dixitais e avaliación e contraste da fiabilidade das fontes. O problema da desinformación. Uso específico do léxico relativo aos ámbitos histórico, artístico e xeográfico.
  • C1.6 - Análise e interpretación de conceptos espaciais: localización, escala, conexión e proximidade espacial.
  • C1.9 - Igualdade de xénero e formas de violencia contra as mulleres. Actitudes e comportamentos sexistas.
  • C1.10 - Diversidade social, etnocultural e de xénero. Migracións, multiculturalidade e mestizaxe en sociedades abertas. Historia e recoñecemento do pobo xitano e outras minorías étnicas do noso país. España, país de migrantes. Novas formas de identificación cultural.

Bloque 1

Retos do mundo actual

  • C2.7 - Os ciclos e réximes demográficos. O reto demográfico en España e Galicia: Envellecemento e políticas demográficas. Cambios dos modos de vida e dos modelos de organización social.
  • C2.10 - Organización política das sociedades. Ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional como garante do desenvolvemento de dereitos e liberdades para o exercicio da cidadanía. Cidadanía europea e cosmopolita.

Bloque 2

Sociedades e territorios

  • C3.1 - Diversidade social e multiculturalidade. Integración e cohesión social. Medidas e accións en favor da igualdade e da plena inclusión.

Bloque 3

Compromiso cívico e global

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA

Obxectivos Descrición
OBX 1 Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos. 
OBX 3 Coñecer os principais desafíos aos cales se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas a que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sostible. 
OBX 5 Analizar de forma crítica formulacións históricas e xeográficas explicando a construción dos sistemas democráticos e os principios constitucionais que rexen a vida en comunidade, así como asumindo os deberes e dereitos propios do noso marco de convivencia, para promover a participación cidadá e a cohesión social. 
OBX 6  Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural na que vivimos, coñecendo e difundindo a historia e a cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e da inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade. 
OBX 7  Identificar os fundamentos que sosteñen as diversas identidades propias e as alleas, a través do coñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que compartimos para conservalo e respectar os sentimentos de pertenza, así como para favorecer procesos que contribúan á cohesión e solidariedade territorial no tocante aos valores do europeísmo e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. 
OBX 8  Tomar conciencia do papel dos ciclos demográficos, o ciclo vital, as formas de vida e as relacións interxeracionais e de dependencia na sociedade actual e a súa evolución ao longo do tempo, analizándoas de forma crítica, para promover alternativas saudables, sostibles, enriquecedoras e respectuosas coa dignidade humana e o compromiso coa sociedade e coa contorna. 
OBX 9  Coñecer e valorar a importancia da seguridade integral cidadá na cultura de convivencia nacional e internacional, recoñecendo a contribución do Estado, das súas institucións e doutras entidades sociais á cidadanía global, á paz, á cooperación internacional e ao desenvolvemento sostible, para promover a consecución dun mundo máis seguro, solidario, sostible e xusto. 

Competencias clave e os descritores operativos traballados

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, C4, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)