Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Educación Plástica e Visual" de 6º de primaria:

  • Desenvolvemento no alumnado as capacidades perceptivas, expresivas e estéticas a partir do coñecemento teórico e práctico das linguaxes audiovisuais.
  • Potenciación da imaxinación, a creatividade e a intelixencia emocional.
  • Favorecemento do espirito crítico ante obras e manifestacións culturais.
  • Adquisición das destrezas necesarias para empregar os elementos plásticos como recursos expresivos.
  • Colaboración na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión co mundo real. A falta de visibilización das mulleres na arte, relacionase principalmente có Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 5 "Igualdade de xénero", así coma o número 10 "Redución das desigualdades".  Ao integrar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 5 e 10, non só estamos a brindar ao noso alumnado unha valiosa ferramenta para comprender e desafiar as desigualdades de xénero, senón que tamén estamos a fomentar unha cidadanía global comprometida coa construción dun futuro máis xusto e equitativo. Analizando as barreiras que enfrontaron as mulleres artistas no pasado e comparándoas coa situación actual, o alumnado adquire ferramentas para identificar e cuestionar os estereotipos de xénero presentes na nosa sociedade. 

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Educación plástica e visual" de 6º de educación primaria, contextualízase na segunda e cuarta unidade didáctica: "Animación" e "Georgia  O'Keeffe."

O recurso englóbase nos  bloques de contido 1, 2, 3 e 4.

Bloque 1: Educación plástica e visual: percepción e análise.

Bloque 2: Educación plástica e visual: creación e interpretación.

Bloque 3: Educación audiovisual: percepción e análise.

Bloque 4: Educación audiovisual: creación e interpretación.

Cada un destes catro bloques teñen características propias, aínda que todos están relacionados entre si. No primeiro e no terceiro, inclúense todos aqueles aspectos vencellados ao desenvolvemento de coñecementos, destrezas e actitudes relacionados co recoñecemento, recepción e observación sensitiva e visual, que permiten unha aproximación ás diferentes manifestacións culturais e artísticas da contorna para analizala e comprendela. O segundo e o cuarto bloques fan referencia á expresión creativa de ideas, sentimentos e sensacións mediante a exploración, o coñecemento, a execución e a utilización creativa de diferentes códigos, elementos, ferramentas, instrumentos, materiais, medios, recursos, soportes, programas, aplicacións e técnicas culturais e artísticas. 

Contidos Bloques da materia

- Estratexias de recepción activa.


- Cultura visual. A imaxe no mundo actual: técnicas e estratexias de lectura, análise e interpretación da intención


comunicativa. Valoración desde unha perspectiva de xénero.


- Elementos configurativos da linguaxe visual e as súas posibilidades expresivas: punto; liña grosa, fina, continua e descontinua; plano; textura; cor.

- Materiais, instrumentos, soportes e técnicas de maior uso na expresión plástica e visual.

- Vocabulario específico nas artes plásticas e visuais.


- Recursos dixitais de uso común para as artes plásticas e visuais.


- Propostas artísticas de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.


- Estratexias básicas de análises de propostas artísticas desde unha perspectiva de xénero.


- Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas plásticas e visuais en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.

Bloque 1: Educación plástica e visual: percepción e análise.

- Representación, de forma persoal, de ideas, accións e situacións valéndose dos elementos que configuran a linguaxe visual.


- Experimentación e expresión a través de medios, soportes e materiais de expresión plástica e visual, incluídos os formatos artísticos contemporáneos. Elaboración de imaxes novas a partir dos coñecementos adquiridos. Técnicas bidimensionais e tridimensional.


- Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións plásticas e visuais.


- Utilización de técnicas, materiais e recursos informáticos e tecnolóxicos: a súa aplicación para a captura, creación, manipulación e difusión de producións plásticas e visuais.


- Uso responsable de bancos de imaxes e sons. Coñecemento e respecto polas licenzas de uso e distribución de contidos xerados por outros. Plaxio e dereitos de autor.


- Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas culturais e artísticas plásticas e visuais.

Bloque 2: Educación plástica e visual: creación e interpretación.

- Propostas audiovisuais elementais. O cinema: orixe e evolución. Espazos culturais e artísticos do ámbito audiovisual. Comunicación e valoración do contido informativo que as imaxes proporcionan, desde unha perspectiva de xénero.


- Profesións vinculadas ao ámbito cinematográfico e audiovisual. Coñecemento e valoración.


- Vocabulario específico nas artes audiovisuais.


- Recursos dixitais de uso común para as artes audiovisuais.


- Estratexias básicas de análises de propostas artísticas desde unha perspectiva de xénero.


- Características da linguaxe cinematográfica e audiovisual: encadramento, movementos, montaxe e son. Visionamento de propostas icónicas, cinematográficas e audiovisuais.


- Nocións elementais sobre estilos, xéneros e formatos audiovisuais: imaxe fixa e en movemento. Ficción e non ficción. Animación.


- Estratexias de procura, filtrado e valoración.


- Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas cinematográficas e audiovisuais en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.

Bloque 3:Educación audiovisual: percepción e análise.

- Rexistro e edición de elementos audiovisuais (imaxe, audio): conceptos, tecnoloxías, técnicas e recursos básicos.


- Producións audiovisuais: planificación das fases e roles do proceso creativo. Traballo colaborativo e importancia do proceso nos diferentes xéneros e formatos.


- Características da linguaxe audiovisual multimodal.


- Creación, experimentación e difusión de mensaxes audiovisuais: procesos técnicos e respecto á integridade das persoas e aos dereitos de autor.

Bloque 4: Educación audiovisual: creación e interpretación

Porén, é fundamental comprender que o avance nestes aspectos artísticos non deben abordarse de xeito illado; o seu tratamento debe ser integrador e globalizado, que lle permita ao alumnado, adquirir coñecementos útiles para interpretar os feitos, sucesos e problemas dun xeito integral. Isto implica a transferencia de coñecementos, habilidades e actitudes doutras áreas disciplinarias, que se reflicten nestes bloques interconectados. 

Así, este enfoque aborda de xeito transversal os catro bloques, enfocándose especialmente nos seguintes obxectivos da materia.

Obxectivos Descrición
OBX1

Descubrir propostas artísticas plásticas e visuais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade

OBX2 Investigar acerca de diferentes manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia.
OBX3 Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, da imaxe e dos medios dixitais, para producir obras propias.
OBX4 Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas plásticas e visuais, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso. 

Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL: competencia en comunicación lingüística. CCL1, CCL3.
CP: competencia plurilingüe. CP1, CP3.
STEM: competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería. STEM1, STEM2, STEM3.
CD: competencia dixital. CD1, CD2.
CPSAA: competencia persoal, social e de aprender a aprender. CPSAA3, CPSAA5.
CC: competencia cidadá. CC1, CC2, CC3.
CE: competencia emprendedora. CE1, CE2, CE3.
CCEC: competencia en conciencia e expresións culturais. CCEC1, CCEC2, CCEC3.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)