Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade está pensada para realizar en 12 sesións e, segundo o modelo de programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de Educación Plástica e Visual de 6º de primaria,  desenvólvese no segundo trimestre coma segunda unidade didáctica e englobando parte da cuarta unidade didáctica.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Para que? Temporalización

Fase 1. "A maxia da imaxinación"

1.1. Que imos aprender aquí?1.2. Organizámonos

Sesións de motivación e presentación da tarefa de xeito que o alumnado teña interese por aprender.

1 sesión

Fase 2. "Mulleres e arte"

2.1. Lembramos: o cinema como disciplina.

2.2. Lembramos: Georgia O'Keffee.

Sesións de revisión e activación de coñecementos previos, necesarios para a realización da tarefa.

3 sesións

Fase 3. "Os estilos e os xéneros dentro da arte"

3.1 Estilos: Arte Abstracta, Modenismo e Art Déco.

3.2 Xéneros: ópera, zarzuela e musical.

Sesións con actividades informativas e interactivas có obxectivo de reflexionar, deducir e completar o aprendido. 

 2 sesións

Fase 4. "Animando historias: Imos polo reto"

4.1 Escollemos a técnica de animación.

4.2 Planificación da historia.

4.3 Creación do guión.

4.4 Deseño de personaxes e escenarios.

4.5 Animación.

4.6 Voces e sons.

4.7 Montaxe.

Sesións dirixidas á realización do reto proposto, amosando a asimilación das aprendizaxes adquiridas. Isto realizarase a través da creación dunha curta de animación.

4 sesións

Fase 5: "A grande estrea"

5. A grande estrea.

Sesións dedicadas á presentación das curtas nun festival e de auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido.

2 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)