Contextualización do REA na programación de materia
Este REA forma parte da proposta cREAgal para a área de Educación Plástica e Visual de 1 de ESO. O seu deseño parte da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1 e vixente en xullo de 2024.
Na proposta de REA de cREAgal agrúpanse varias unidades didácticas en algúns REA, configurando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa para a área inclúe un total de catro REA que engloban as 9 UD da programación modelo de Proens.
Relación dos REA coa programación modelo de Proens
| Número de REA e título | Unidade/s didáctica/s (Proens) | Criterios de avaliación traballados | % Peso Materia (Orientación de Proens) | Temporalización |
|---|---|---|---|---|
| REA 1: "Queres implicArte?" | UD1: As distintas manifestacións artísticas. Valoración da perspectiva de xénero e o patrimonio. Os xéneros artísticos UD2: A linguaxe visual e os seus elementos básicos e de configuración |
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4 e CA1.5. CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4 e CA2.5 |
14% | 1º trimestre |
| REA 2: "ruArte" | UD3: Técnicas básicas de expresión gráficoplástica en dúas dimensión, secas e húmidas UD4: O volumen como experiencia expresiva |
CA3.1, CA3.2, CA3.3,CA3.4 e CA3.5 CA3.1, CA3.2, CA3.3,CA3.4 e CA3.5 |
22% | 1 ºe 2º trimestre |
| REA 3: "EmbalArte" | UD5: Trazados xeométricos básicos e as súas aplicacións UD6: Os sistemas de representación. Vistas diédricas |
CA3.1, CA3.2, CA3.4 e CA3.5 CA3.1, CA3.2, CA3.4 e CA3.5 |
28% | 1º, 2º e 3º trimestre |
| REA 4: "O cómic para expresArte"" | UD7: A linguaxe visual e as súas funcións e tipoloxías UD8: O cómic UD9: A fotografía |
CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5 e CA4.6 CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5 e CA4.6 CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5 e CA4.6 |
36% | 2º e 3º trimestre |