Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 27 sesións. Débese ter en conta que esta proposta de distribución busca como obxectivo principal non reducir en exceso o tempo de experimentación/creación co alumnado. A tipoloxía da área e o escaso número de sesións anuais fan que o compoñente motriz sexa sempre unha prioridade sen obviar que haberá momentos na aula ordinaria para exploración de contidos e realización de actividades interactivas que guían o REA.

Fase Seccións Para que? Temporalización
Fase 1 Descrición Presentación Sesión 1
Fase 2 Conexión A tradición oral galega Sesión 1
Fase 3 Exploración Coñecementos previos: a linguaxe audiovisual en xeral e o cómic en particular Sesións 1, 2 e 3
Fase 3 Conexión Linguaxe audiovisual: medios, composición e planos Sesións 4 a 6
Fase 3 Conexión Fundamentos do cómic Sesións 7 a 10
Fase 3 Conexión Creación de personaxes Sesións 11 a 13
Fase 4 Reto final Creación de cómics Sesións 14 a 23
Fase 4 Reto final Presentación de cómics e maquetación dixital Sesións 24 a 26
Fase 5 Conclusión Avaliación e reflexión final Sesión 27

Feito con eXeLearning (Nova xanela)