Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).

Hai que ter en conta que esta situación de aprendizaxe abarca un total de tres unidades didácticas, polo que a suma total dos criterios de avaliación vai ser de 300%.

Cada docente deberá darlle a cada criterio de avaliación o peso que considere, debendo ser a suma total do peso dos criterios para esta situación de aprendizaxe do 100%.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA4.1 - Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade. Entender como o feito artístico ven condicionado por factores históricos e sociais e, do mesmo xeito, comprender tamén a perspectiva de xénero baixo o que está creado. TI 7 15%
8 15%
9 15%
CA4.2 - Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes visuais e audiovisuais, así como os seus distintos procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos. Saber recoñecer minimamente as particularidades das distintas técnicas e linguaxes artísticas, en función dos distintos contextos,  buscando a información e analizándoa con eficacia. TI 7 15%
8 15%
9 15%
CA4.3 - Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións visuais e audiovisuais. Valorar as principais linguaxes das producións creativas. TI 7 15%
8 15%
9 15%
CA4.4 - Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias. Apoiarse, en maior ou menor medida, en referencias do propio patrimonio, como base para acadar novas solucións creativas axeitadas. TI 7 15%
8 15%
9 15%
CA4.5 - Desenvolver producións e manifestacións visuais cunha intención previa, de forma individual ou colectiva. Ser quen de desenvolver producións gráfico-plásticas sinxelas, respondendo a unha premisa, de xeito individual ou colectivo. TI 7 20%
8 25%
9 20%
CA4.6 - Recoñecer os usos e as funcións das producións e das manifestacións artísticas, cunha actitude aberta e con interese por coñecer a súa importancia na sociedade. Manter unha actitude minimamente aberta e mostrar interese recoñecendo as principais funcións das diferentes manifestacións artísticas e a súa importancia na sociedade. TI 7 20%
8 15%
9 20%

Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores.

Actividades e instrumentos empregados no REA

Táboa na que se concretan as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA4.1 - Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade.

Conta-elementos/ 3.3 (subapartado Actividades)

Rúbricas

Retroalimentación

CA4.2 - Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes visuais e audiovisuais, así como os seus distintos procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos.

Fotografías lendarias/ 3.2 (subapartado Actividade)

Conta-elementos/ 3.3 (subapartado Actividades)

Rúbricas

Retroalimentación

CA4.3 - Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións visuais e audiovisuais.

Expresándovos! / Coavaliación/ 4.3

Guía de observación: Valora o cómic doutros grupos

CA4.4 - Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.

Fotografías lendarias/ 3.2 (subapartado Actividade)

Laboratorio de personaxes lendarios/ Actividade práctica grupal / 3.4

Plan de rescate/ 4.1

Rúbricas

Retroalimentación

CA4.5 - Desenvolver producións e manifestacións visuais cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.

Laboratorio de personaxes lendarios/ Actividade práctica grupal / 3.4

Plan de rescate/ 4.1

Rúbricas

Retroalimentación

Lista de cotexo

CA4.6 - Recoñecer os usos e as funcións das producións e das manifestacións artísticas, cunha actitude aberta e con interese por coñecer a súa importancia na sociedade.

O cómic cóntavos/ Emparella/ 3.3

Actividades: Conta-cómic/ 3.3 (subapartado Actividades)

Rúbricas

Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)