Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens e vixente en xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

Cada REA corresponde a unha unidade didáctica do modelo de programación Proens. Non se levaron a cabo modificacións.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA 1: "A natureza en xogo"

UD1: Os seres vivos

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA4.1, CA4.4, CA4.5

20

1º trimestre

REA 2: "Aventura Animal"

UD 2: Son un animal

CA2.2, CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA4.1, CA4.4

20

1º trimestre

REA 3: "Plantas ao rescate!"

UD 3: Son unha planta?

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.2, CA4.1, CA4.4, CA4.5

15

2º trimestre

REA 4: "Exploramos os ecosistemas: misión natureza"

UD 4: Onde viven os seres vivos?

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA4.1, CA4.3, CA4.4

15

2º trimestre

REA 5: "Un planeta en apuros"

UD 5: Enerxía e materia

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6

15

3º trimestre

REA 6: "Troula Park"

UD 6: Novas tecnoloxías

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA3.4 , CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6

15

3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

A aprendizaxe das Ciencias da Natureza permite ao alumnado achegarse á comprensión do mundo vivo, promovendo o pensamento crítico e a curiosidade científica. A través da observación, a experimentación e o traballo colaborativo, os nenos e nenas exploran os procesos naturais e reflexionan sobre a importancia de protexer o medio ambiente.

Durante a etapa de Educación Primaria, o estudo da biodiversidade e dos ecosistemas axuda a comprender a interdependencia entre os seres vivos e o seu hábitat. A proposta didáctica da exposición interactiva sobre as funcións vitais dos animais e a súa conservación ofrece ao alumnado unha oportunidade de aprender de forma activa e compartir os seus coñecementos con outros membros da comunidade educativa.

Neste REA, os nenos e nenas investigarán as características dos animais, os seus hábitats e os procesos fundamentais para a súa supervivencia, como a alimentación, a reprodución e a adaptación ao medio. Tamén analizarán as ameazas á biodiversidade e a importancia de adoptar medidas para a súa protección. O uso de maquetas, paneis explicativos e recursos dixitais permitiralles expresar os seus descubrimentos dun xeito creativo e accesible.

Traballando esta proposta non só se reforzan os contidos curriculares, senón que se promoven valores fundamentais como o respecto polo medio ambiente e a conciencia ecolóxica.

Este Recurso Educativo Aberto (REA) pretende facilitar unha aprendizaxe significativa, na que a investigación e a divulgación acheguen o alumnado á comprensión da importancia da biodiversidade. Ao participar activamente na creación da exposición, os nenos e nenas reforzan o seu interese pola ciencia e adquiren un compromiso máis profundo coa protección do planeta.

Os ODS directamente conectados con este REA son:

  • ODS 4: (Educación de calidade) promóvese unha educación inclusiva e equitativa ao integrar o uso de recursos dixitais e fomentar a aprendizaxe activa mediante a creación dunha exposición interactiva.
  • ODS 9: (Industria, innovación e infraestrutura) a creación de recursos dixitais e o uso do ordenador para buscar información fomenta a innovación e o desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas.
  • ODS 12: (Produción e consumo responsables) reflexiónase sobre o impacto do consumo humano nos ecosistemas animais, promovendo prácticas máis sostibles.
  • ODS 13: (Acción polo clima) sensibilízase sobre a perda de biodiversidade.
  • ODS 15: (Vida de ecosistemas terrestres) trabállase directamente contidos relacionados coa protección dos animais e os seus hábitats.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe correspóndese directamente ca unidade didáctica número 2 da programación modelo do 5º nivel de Educación Primaria proposta para a área de Ciencias Naturais na plataforma PROENS da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os contidos específicos traballados dentro deste recurso son:

Contidos Bloque da materia
  • Fomento da curiosidade, a iniciativa, a constancia e o sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións enunciando hipóteses.
  • Vocabulario científico relacionado coas diferentes investigacións.
  • Procura de información a través de diferentes fontes, de maneira individual e en equipo.
  • Experimentación sobre cuestións científicas relacionadas coas necesidades actuais da sociedade.
  • Instrumentos e dispositivos apropiados para realizar observacións e medicións precisas de acordo coas necesidades da investigación.
  • Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos...).
  • Comunicación dos resultados da investigación, de forma oral ou escrita, utilizando diferentes soportes (textos orais ou escritos, maquetas, presentacións, murais...).

Bloque 1

  • Características propias dos animais que permiten a súa clasificación e diferenciación en subgrupos relacionados coa súa capacidade adaptativa ao medio e a realización das funcións vitais: obtención de enerxía, relación coa contorna e perpetuación da especie. Animais autóctonos de Galicia.

Bloque 2

  • Dixitalización da contorna persoal de aprendizaxe:

- Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo.

- Estratexias de procura de información na internet seguras e eficientes (valoración, discriminación, selección, organización e propiedade intelectual).

- Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise.

- Tratamento e elaboración de textos sinxelos para recoller e comunicar información (formato de texto, axuste de páxina inserción de imaxes...). Xestión de arquivos.

- Regras básicas de seguridade e privacidade para navegar pola internet e para protexer a contorna dixital persoal de aprendizaxe.

- Recursos e plataformas dixitais restrinxidas e seguras para comunicarse con outras persoas. Etiqueta dixital, regras básicas de cortesía e respecto e estratexias para resolver  problemas na comunicación dixital.

- Estratexias para fomentar o benestar dixital. Recoñecemento dos riscos asociados a un uso inadecuado e pouco seguro das tecnoloxías dixitais (tempo excesivo de uso,  ciberacoso, dependencia tecnolóxica, acceso a contidos inadecuados...) e estratexias de actuación.

  • Proxectos de deseño e pensamento computacional:

- Iniciación ás fases do pensamento computacional (creación de esquemas ou diagramas sinxelos para planificar accións, descomposición dunha tarefa en partes máis sinxelas, desenvolvemento de diferentes estratexias para a resolución dun problema).

- Técnicas para potenciar o traballo cooperativo, a cohesión de grupo e a resolución pacífica de conflitos.

- Estratexias en situacións de incerteza: adaptación e cambio de estratexia cando sexa necesario, e valoración do erro propio e o dos demais como oportunidade de aprendizaxe.

Bloque 4

Os obxectivos da área que se traballan neste REA son seguintes:

Obxectivos Descrición

OBX 1

Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural.

OBX 3

Identificar as características dos diferentes elementos ou sistemas do medio natural, analizando a súa organización e propiedades, e establecendo relacións entre estes, para recoñecer o seu valor, conservalo, melloralo e emprender accións para o seu uso responsable.

OBX 5

Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede, e para reelaborar e crear contido dixital de acordo coas necesidades dixitais do contexto educativo.

OBX 6

Resolver problemas a través de proxectos de deseño e da aplicación do pensamento computacional, para xerar cooperativamente un produto creativo e innovador que responda a necesidades concretas.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso:

Competencias clave Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

  • CCL1
  • CCL2
  • CCL3

Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)

  • STEM1
  • STEM2
  • STEM3
  • STEM4
  • STEM5

Competencia dixital (CD)

  • CD1
  • CD2
  • CD3
  • CD4
  • CD5

Competencia persoal, social e de aprendera a aprender (CPSAA)

  • CPSAA3
  • CPSAA4
  • CPSAA5

Competencia cidadá (CC)

  • CC4

Competencia emprendedora (CE)

  • CE1
  • CE3

Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC)

  • CCEC1
  • CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)