Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Toda a contextualización curricular da situación de aprendizaxe corresponde á unidade 2 do modelo de programación de Proens para a área de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA2.2. Identificar e analizar as características, a organización e as propiedades dos elementos do medio natural a través de metodoloxías de indagación, utilizando as ferramentas e os procesos adecuados. | Identificar e clasificar os animais segundo as súas características. |
PE (Non incluída no REA) |
2 | 40 |
| CA1.1. Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre un tema específico relacionado co medio natural a través da observación. | Formular preguntas e realizar predicións razoadas a través da observación. | TI | 10 | |
| CA1.2. Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, adquirindo léxico científico básico e utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural. | Buscar, seleccionar e contrastar información de forma guiada, adquirindo léxico científico básico para as súas investigacións. | 10 | ||
| CA1.3. Deseñar e realizar experimentos guiados, de forma individual ou en equipo, utilizando diferentes técnicas de indagación e modelos, empregando os instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura, rexistrando correctamente as observacións e medicións realizadas. | Deseñar e realizar experimentos de maneira guiada, empregando instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura e rexistrando datos sinxelos. | 10 | ||
| CA1.4. Analizar a información e os resultados obtidos, e comunicar as conclusións das investigacións, utilizando linguaxe científica e explicando os pasos seguidos. | 10 | |||
| CA4.1. Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede, reelaborando e creando contidos dixitais sinxelos. | Utilizar dispositivos e recursos dixitais para a busca de información e creación de contidos dixitais sinxelos. | 10 | ||
| CA4.4. Deseñar posibles solucións aos problemas expostos de acordo con técnicas sinxelas de proxectos de deseño e pensamento computacional, mediante estratexias básicas de xestión de proxectos cooperativos. | Deseñar posibles solucións aos problemas expostos empregando diferentes estratexias de forma guiada. | 10 | ||
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||