Aventura animal
Aventura animal é un REA (Recurso Educativo Aberto) para a área de Ciencias da Natureza do 5º nivel de Educación Primaria, que ten como finalidade achegar o alumnado ao coñecemento da diversidade animal, promovendo ao mesmo tempo actitudes de respecto e protección cara aos seres vivos e aos seus hábitats naturais.
Para contribuír desde o noso centro, proponse un reto principal: deseñar e crear unha exposición interactiva sobre os animais, na que o alumnado poida mostrar, a través de diferentes formatos e soportes, información relevante sobre as distintas especies, a súa clasificación, os seus hábitats e a importancia da súa conservación. Todo isto mentres se promove unha educación ambiental activa e comprometida.
Metas de aprendizaxe:
- Investigar as características e funcións vitais dos animais, afondando na súa alimentación, respiración e relación co medio a través de experimentos sinxelos e actividades manipulativas.
- Utilizar o método científico no estudo da fisioloxía dun peixe, propoñendo hipóteses, realizando experimentos de laboratorio e rexistrando os datos obtidos.
- Comprender e analizar os ecosistemas autóctonos e os animais en perigo de extinción, desenvolvendo unha conciencia ambiental activa.
- Construír elementos prácticos que axuden a preservar a biodiversidade e a garantir o benestar dos animais da zona.
- Traballar en equipo asumindo responsabilidades, respectando quendas e colaborando cos compañeiros na súa construción, así como no seu mantemento.