Xeometría vectorial afín
Dise que foi no antigo exipcio onde naceu a Xeometría (xeo=terra, metría=medida): as enchentes do Nilo arrastraban consigo tódalas marcaxes das terras e os exipcios víanse obrigados situalas de novo. Necesitaban de planos, medir distancias e ángulos,... Pero, seguramente, podemos remontarnos máis atrás: as figuras abstractas que aparecen nos petróglifos tamén son unha forma de Xeometría. Foron, sen embargo, os sabios da Grecia Clásica, en especial Euclides, os que elevaron á Xeometría a categoría de ciencia dándolle un conxunto de axiomas1 nos que apoiarse