Electricidade e electrónica. Tecnoloxía e enxeñería I

Visto: 777 veces
Votos
Media: 5 (72 votos)

18/04/2024

Logo do recurso educativo

O curso de Moodle “Electricidade e electrónica. Tecnoloxía e enxeñería I” está destinado ao alumnado de 1º de bacharelato que cursa a materia de Tecnoloxía e enxeñería I pretende poñer á disposición da comunidade educativa os contidos do Bloque 4 desta materia. 

Está deseñado para que o alumnado repase as bases da electricidade e da análise de circuítos que precisa para abordar a materia de 1º de bacharelato e para que amplíe os seus coñecementos cos contidos novos que expón o currículo da materia trala entrada en vigor da LOMLOE.

O curso estará formado polos seguintes temas:

  • Información xeral: inclúe o currículo da materia, e os manuais de uso e guía didáctica do recurso.
  • Tema 1: Introdución á corrente continua.
  • Tema 2: Leis de Kirchhoff.
  • Tema 3: Máquinas de corrente continua.
  • Tema 4: Electrónica analóxica