Ocho apelli2 gallegos
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 -dun total de 7- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como obxectivo principal introducir ao alumnado no mundo da Estatística, que se enmarca no currículo dentro do sentido estocástico. Ademais, promove o desenvolvemento de destrezas persoais e socioafectivas vinculadas ao bloque do sentido socioafectivo.
No reto proposto, o alumnado terá que analizar e interpretar datos reais da comunidade autónoma de Galicia para coñecer o patrimonio lingüístico galego relacionado cos apelidos en cada localidade. Durante o proceso, o alumnado empregará ferramentas tecnolóxicas para tabular datos, facer representacións gráficas e calcular os parámetros máis importantes, tras o que deberá analizar os datos recollidos e comunicar os seus resultados.