- 190 vistas
Curso moodle con 11 Unidades Didácticas para a materia de Xeografía e Historia de 4º da ESO (Curriculum Decreto 86/2015).
XEACRONOS 4 consiste na secuenciación didáctica completa da materia de Xeografía e Historia de 4º de ESO en formato curso de aula virtual. A súa estrutura e función sitúaa no marco dos Recursos Educativos Abertos (REA); é dicir: XEACRONOS 4 permite a súa implantación na aula respectando os dereitos de autor con licenzas de reutilización e reelaboración que favorecen o seu uso por parte do profesorado e, ademais, a súa adaptación aos contextos educativos concretos nos que se move o profesorado.
As unidades didácticas que integran XEACRONOS 4 son:
- UD 0.- TEMPO E ESPAZO NA HISTORIA
- UD 1.- ANTIGO RÉXIME E ILUSTRACIÓN
- UD 2.- AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS
- UD 3.- A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
- UD 4.- IMPERIALISMO E PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
- UD 5.- A ÉPOCA DE ENTREGUERRAS
- UD 6.- A SEGUNDA REPÚBLICA E A GUERRA CIVIL
- UD 7.- A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
- UD 8.- A GUERRA FRÍA. A DESCOLONIZACIÓN. CAITALISMO E COMUNISMO
- UD 9.- DITADURA FRANQUISTA E TRANSICIÓN
- UD 10.- O MUNDO ACTUAL E A GLOBALIZACIÓN