Literatura Universal - 2º de Bacharelato

Visto: 0 veces
2013-07-05

Aula virtual co programa de 2º de Bacharelato a distancia elaborada no IES San Clemente. Clicando na imaxe que aparece cando lle dades a visualizar, descargarase a copia de respaldo para instalar no Moodle do voso centro. Se -pola contra- pulsades en "descargar", hai que descomprimir o arquivo baixado e buscar na carpeta contidos_files o zip para instalar na aula virtual.

O século XX: a literatura e as outras artes. O cine

Visto: 0 veces
2013-07-03

Unidade didáctica de Literatura universal de 1º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente.

Literatura e cine. O cine como Literatura: os grandes filmes e guións cinematográficos do século XX. O cine
como arte literaria de masas. O teatro como espectáculo total.  A canción moderna, os grandes poetas da canción.

O seculo XX: Vangardismo. Culminación da literatura americana. O novo teatro

Visto: 0 veces
2013-07-03

Unidade didáctica de Literatura universal de 1º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente.

As vangardas europeas. O Surrealismo. A literatura escrita por mulleres. A culminación da gran literatura americana. A xeración perdida. O teatro do absurdo e o teatro de compromiso.

O século XX: os novos enfoques da literatura e as transformacións dos xéneros literarios

Visto: 0 veces
2013-07-03

Unidade didáctica de Literatura universal de 1º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente.

A crise do pensamento decimonónico e a cultura de fin de século. A quebra da orde europea: a crise de 1914. As innovacións filosóficas, científicas e técnicas, e a súa influencia na creación literaria. O existencialismo e o marxismo. A consolidación dunha nova forma de escribir na novela. O nacemento do heroe contemporáneo. A trama policial. Autores e obras máis significativas.

O século XIX: nacemento da literatura americana. O arranque da modernidade

Visto: 0 veces
2013-07-03

Unidade didáctica de Literatura universal de 2º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente.

O nacemento da gran literatura norteamericana. O arranque da modernidade: o Simbolismo. A renovación do teatro europeo: un novo teatro e unhas novas formas de pensamento

O Renacemento

Visto: 0 veces
2013-07-03

Unidade didáctica de Literatura Universal de 2º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente. Contén arquivos en formato PDF descargables con apuntes, actividades, exercicios de apoio, avaliación e un resumo do tema