Tratamento de diapositivas (Openoffice.org Impress)

Visto: 0 veces
2013-06-27

Unidade didáctica de Tecnoloxías da información e da comunicación de 1º de Bacharelato a distancia elaborada polo IES San Clemente, sobre impress que é o programa de presentacións incluído no paquete OpenOffice. Como outros programas de presentacións semellantes, admite a posibilidade de realizar presentacións en diferentes soportes, aínda que a máis común é a presentación en pantalla.

Tempus fugit

Visto: 0 veces
2012-06-19

Tempus fugit é un paquete de táboas cronolóxicas e actividades ou xogos deseñados para facilitarlle ao alumnado a adquisición dun esquema temporal da Filosofía, da Ciencia, da Economía, da Historia, da Literatura, da Arte e da Música. Tempus fugit aporta ferramentas para integrar as TIC nas aulas de ESO e Bacharelato.

A verdade de Hipatia

Visto: 0 veces
2012-02-06

Este proxecto ten como punto de partida o visionado da película Ágora, de Alejandro Amenábar, e está concibido, principalmente, como unha investigación sobre o carácter histórico da película polo que respecta a Hipatia, a súa protagonista, Alexandría, a súa cidade, e a época na que viviu, o período helenístico.

Peixes

Visto: 0 veces
2012-01-17

Unidade didáctica en soporte web que pretende, cun enfoque claramente didáctico, proporcionar información básica pero, ao mesmo tempo, rigorosa acerca dalgúns dos peixes máis representativos, abordando os principais aspectos da súa bioloxía, anatomía, fisioloxía e reprodución, así como tamén a súa utilidade dende o punto de vista pesqueiro, alimentario e gastronómico.