Curso de inglés (9 unidades)
Aula virtual que se asemella a un libro de texto dixital. Permite consolidar os contidos aprendidos na aula a través de exercicios variados
Aula virtual que se asemella a un libro de texto dixital. Permite consolidar os contidos aprendidos na aula a través de exercicios variados
Aula virtual para a materia de libre configuración autonómica Igualdade de Xénero destinada ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Consta dunha secuencia didáctica completa na que se ofrecen lecturas, reflexións e actividades.
Aula virtual sobre a competencia comunicativa en 2º ESO a través dos textos (descritivos, narrativos, instrutivos, expositivos e argumentativos). O zip de descarga inclúe a copia de seguridade para restaurar en Moodle 1.9 en adiante
Aula virtual co programa de Ciencias Naturais do 2º curso da ESO. Permite descargar para instalar na aula virtual Moodle do noso centro.
Ciencias Naturais no 1º Ciclo da ESO.
Primeiro curso do proxecto interdisciplinar "A horta escolar ecolóxica" para restaurar no LMS Moodle (1.9 e superior). Esta sección está destinada a introducir ao alumnado no proxecto e a presentar os contidos teóricos fundamentais.
Materia: Xeografía e historia
Descrición: Contido dinámico e interactivo para a aprendizaxe do Sistema Solar y dos seus compoñentes, así coma dos movementos da Terra, o día e a noite e as estacións, a través de diversas actividades e investigacións guiadas.
Tipo de recursos:
Número de sesións estimadas: 7.
Aclaracións:
Materia: Xeografía e historia
Descrición: Contido completo sobre climas, zonas climáticas e climogramas, a través dunha narrativa de fantasía sobre unha invasión zombi. A teoría introdúcese de forma guiada e amena para que o alumnado poida aprender a crear e interpretar climogramas baixo o pretexto de estudar as condicións de habitabilidade dos zombis e conseguir instalar refuxios en lugares seguros para salvar á humanidade.
Tipo de recursos:
Materia: Matemáticas
Descrición: Laboratorio xeométrico 3D para o estudo das áreas dos corpos xeométricos e a representación manipulativa dos seus despregues.
Nun modelo de representación 3D, que facilita o desenvolvemento da visión espacial, o alumnado poderá construir o despregue das figuras localizando e ubicando as pezas que o conforman, e aplicará as fórmulas necesarias para calcular as áreas dos distintos corpos xeométricos.
Tipo de recursos:
Materia: Matemáticas
Descrición: Laboratorio virtual 3D para o estudo desde cero da xeometría no espazo, mediante a exposición a distintos retos que permiten practicar e experimentar para interiorizar os conceptos.
Nun modelo de representación 3D, que facilita o desenvolvemento da visión espacial, o alumnado aprenderá a identificar as familias de figuras, a forma, o nome e os elementos de cada figura xeométrica e os eixes de revolución dos corpos de revolución.
Tipo de recursos: